Xoán Xosé Xardón Pedras, nado en Vilar de Santos en 1968, é un político galego de CxG-CCTT, previamente do BNG.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo e Dirección de Recursos Humanos pola da Coruña. Foi coordinador de servizos en Cogami Ourense. Concelleiro en Vilar de Santos polo BNG, accedeu á alcaldía en setembro de 2005, ao asumir Xosé Antón Jardón a delegación de Industria en Ourense. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Vilar de Santos e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta, ocupando o BNG os 7 escanos que compoñen o concello limiao, co apoio do 86,4% dos votos nas municipais do 22 de maio.
A finais do 2012 causa baixa no BNG,El alcalde y los seis ediles de Vilar de Santos dejan el BNG para apoyar la candidatura de CxG a la Xunta. www.farodevigo.es, 03/10/2012 pasando a formar parte de Compromiso por Galicia.
Nas eleccións municipais de 2015 obtivo de novo maioría absoluta, cos 7 escanos ocupados por concelleiros de CxG-CCTT, co apoio do 86,74% dos votos. No 2016 distanciouse de Compromiso por Galicia pasando a dar o seu apoio a En Marea. Nas municipais de 2019 formou un novo proxecto político, Xuntos por Vilar de Santos, cos que foi reelixido alcalde. Cargo do que dimitiu, mantendo a súa acta de concelleiro, en marzo de 2022.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilar de Santos
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Vilar de Santos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia por CxG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilar de Santos Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes