O akan é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Ghana, foi a lingua do imperio Ashanti.Andrew Dalby, Dictionary of Languages. Bloomsbury, 1998, páxina 9

Distribución xeográfica O fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Ghana.

Dialectos Os dialectos literarios do akan son: Asante Fante Akuapem Dialectos non literarios Agona Ahafo Akyem Bosome Asen Dankyira Kwawu O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akan, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.

Usos sociais As primeiras en dar forma escrita ao akan foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881. Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.Mary Esther Kropp Dakub Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra. Oxford University Press, 1997, páxina 125 Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akan en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro Andrew Simpson Language and National Identity in Africa. Oxford University Press, 2008, páxina 152 con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akan é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país. Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en akan Ligazóns externas O akan no Ethnologue Bibliografía sobre o akan Curso básico de akan

Categoría:Lingua akan Categoría:Linguas de Benín Categoría:Linguas de Costa do Marfil Categoría:Linguas de Ghana