Emily Loizeau, nada en Neuilly-sur-Seine, Francia, o 7 de febreiro de 1975, é unha autora, compositora e intérprete musical franco-británica.
Traxectoria Emily Loizeau é filla de pai francés e de nai inglesa. A súa avoa era a comediante inglesa Peggy Ashcroft, e é a irmá da xornalista Manon Loizeau. Debido á súa ascendencia, escribe tanto en inglés como en francés. As súas influencias son múltiples: Georges Brassens, Bob Dylan, The Beatles, Tom Waits, Nina Simone, Randy Newman e moitos outros.
Comezo na música Emily comezou os seus estudos de piano con cinco anos. Despois de estudar música clásica durante anos, fixo tres anos de teatrohttp://www.deezer.com/fr/music/emily-loizeau. A finais de 2001 decide dedicarse á canción. Ese mesmo ano Emily escribe a súa primeira canción oficial "Balthazar" (xa que xa escribira unha canción polo nacemento do seu sobriño), que trata con claridade dunha ruptura que vivira pouco tempo atrás.http://www.music-story.com/news/emily-loizeau/2001/composition-de-balthazar En abril de 2004, firmou un contrato de edición con Nicolas Galibert e Sony Music Publishing e comezou a facerse notar tocando como abreconcertos de Tryo, Andrew Bird ou incluso Patricia Kaas.http://www.purepeople.com/people/emily-loizeau_p1238 Biografía de Emily Loizeau
Primeiro álbum Despois de autoproducir un CD con seis cancións titulado La Folie En Tête, o seu primeiro álbum L'Autre Bout du Monde saíu baixo o selo independente Fargo Records, dirixido por Michel Pampelune, en febreiro de 2006.http://musique.fnac.com/a1786522/Emily-Loizeau-L-autre-bout-du-monde-CD-album
Entón, firmou co produtor Pierre Pascal Houdebine e Furax unha xira de case dous anos, que a conduciu a preto de 200 concertos nas vilas francesas, da pequena sala parisiense dos seus comezos (La Comédia) ao escenario do Grand Rex (2800 prazas) o 6 de novembro de 2007. O seu espectáculo estivo acompañado polos seus dous músicos Cyril Avèque (batería) e Olivier Koundouno (violoncello) e a posta en escena por Daniel Levy. Ademais de Bach e Franz Schubert, gústalle Renaud desde que tiña 11 anos. A representación melodiosa e ao mesmo tempo salvaxe das súas cancións está estreitamente ligada á precisión musical do seu baixista e violoncellista Olivier Koundouno, quen está moi influenciado polo corista Nicolas Pannetier.
A finais de 2006, Renan Luce presentoulle á súa representante Gloria, que acompañou un éxito crecente que dende ese momento se estende internacionalmente ao ritmo da xira 2007 e 2008: Québec, América do Sur, India (French Kiss Tour con Anaïs e Mademoiselle K), nos Ánxeles, Polonia, Reino Unido... Gloria ocúpase da carreira de Emily Loizeau dende abril de 2007.
O seu videoclip "Jalouse" (realizado por Leo Bridle) tivo grande éxito en YouTube.
Discografía Álbums Folie en tête 2005 L'Autre Bout du Monde 2006 Live Au Grand Rex 2007 (Edición limitada: 200 exemplares) Este álbum foi gravado en directo nun concerto de Emily Loizeau no Grand Rex, editado e vendido á saída do espectáculo. Tamén estivo á venda na páxina web da súa casa de discos do momento, Fargo. King Guillaume 2009 A maioría das canción están compostas e escritas por Emily Loizeau, agás algunhas versión como My Guy, e Hymne De La Trahison. Pays Sauvage 2009
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en Neuilly-sur-Seine Categoría:Nados en 1975 Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Músicos do Reino Unido