José Luis Astiazarán Iriondo, nado en Cidade de México o 31 de outubro de 1963, é un directivo español, vinculado ao mundo do fútbol. Foi presidente da Real Sociedad de Fútbol entre 2001 e 2005, e presidente da Liga de Fútbol Profesional (LFP) entre 2005 e 2013.

Traxectoria Avogado de profesión, José Luis Astiazarán foi elixido presidente da Real Sociedad en 2001, abandonando o club en xuño de 2005 e converténdose así no 4º Presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional.

Desde 2005 Astiazarán forma parte da xunta directiva da EPFL, a asociación de ligas profesionais a nivel Europeo e desde o 2008 é vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol.

En 2009 Astiazarán foi nomeado membro da Subcomisión da Comisión do Estatuto do Xogador para a protección de menores da FIFA.

Véxase tamén Ligazóns externas Listado de artículos de El País

Categoría:Xogadores do Sestao Sport Club Categoría:Presidentes da Real Sociedad Categoría:Dirixentes de fútbol de España Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1963