Dominic McGuire, nado o 20 de outubro de 1985 en San Diego (California) é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga para os Aguacateros de Michoacán da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana.

NBA McGuire foi seleccionado na 47ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Washington Wizards. O 13 de agosto de 2007, McGuire asinou un contrato de 3 anos polos Wizards. O 16 de abril de 2008, xogou o seu primeiro partido coma titular na súa carreira na NBA, contra os Orlando Magic.

O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2010.

O 22 de xullo de 2010, asinou cos Charlotte Bobcats. O 24 de febreiro de 2011, os Bobcats prescindiron de McGuire tras un traspaso entre Charlotte e os Portland Trail Blazers. En cambio, foi fichado de novo o 3 de marzo de 2011.

O 15 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Golden State Warriors. Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86.

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Toronto Raptors. Foi cortado o 30 de novembro de 2012, cando os Raptors ficharon a Mickaël Piétrus.

O 16 de decembro de 2012, McGuire asinou cos New Orleans Hornets. Foi cortado polos Hornets o 4 de xaneiro de 2013. O 7 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Indiana Pacers.Pacers Sign Dominic McGuire

O 26 de setembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores do Hapoel Eilat BC‎ Categoría:Xogadores do Hapoel Holon‎