Ben Foster, nado en Boston (Massachusetts) o 29 de outubro de 1980, é un actor estadounidense, gañador dos premios "Daytime Emmy" e do "Sindicato de Actores". É coñecido polos seus papeis en filmes para o público adolescente tales como Liberty Heights 'e Get Over It, así como tamén filmes de acción como Hostage (2005), X-Men: The Last Stand (2006), Alpha Dog (2007), O tren das 3:10 (2007) e Pandorum (2009).
Traxectoria Foster é un actor xudeu fillo de Stephen Foster, que é dono dun restaurante.Biografía de Ben Foster (1980-) Ten un irmán máis novo, Jon Foster, que tamén é actor. A súa avoa paterna emigrou de Rusia para fuxir dos pogroms. Os pais de Foster, quen el describe como «hippies de espírito ceibe e opositores da Guerra de Vietnam», mudáronse á pequena vila de Fairfield, Iowa, cando Ben tiña catro anos logo de que a súa casa en Boston fose roubada mentres a familia estaba presente.
Traxectoria Ós dezaseis anos, Foster deixa a escola e múdase aos Ánxeles. Entre 1996 e 1997 apareceu na serie de televisión Flash Forward e durante os seguintes tres anos tivo pequenos papeis en filmes para televisión e en dous episodios da serie Freaks and Geeks. No 2001, actuou en Get Over It. Foster tamén tivo un papel recorrente (22 episodios) na serie Six Feet Under, polo cal compartiu un premio do Sindicato de Actores entregado ó mellor elenco de actores dunha serie dramática.
Tras filmar 11:14 e The Punisher, apareceu en Hostage xunto a Bruce Willis, Kevin Pollak e Michelle Horn. No 2006, Foster actuou en X-Men: The Last Stand, interpretando ao superheroe dos cómics Ángel/Warren Worthington III. Un dos seus papeis máis notorios foi no filme de suspense Alpha Dog, onde interpretou a un drogadicto chamado "Jake Mazursky". Foster simulou glaucomas nos seus ollos durante a filmación para aparentar o abuso de drogas. No 2007, interpretou o asasino "Charlie Prince" no filme O tren das 3:10, o que lle valeu un nomeamento do Sindicato de Actores e outra para os premios Saturn.
Vida persoal Actualmente Foster vive co seu irmán Jon nos Ánxeles. Segundo a revista Bossip, Foster estivo saíndo coa actriz Zoë Kravitz por máis de cinco meses, quen o acompañou á preestrea de O tren das 3:10.
miniatura|dereita|Foster na 7ª entrega de Premios a Novas Estrelas da revista Hollywood Life.
Filmografía Ano Filme Papel Notas1996–1997Flash ForwardTucker James26 episodios1997KounterfeitTravis 1998I've Been Waiting for YouCharlieTV filmeYou WishEarlEpisodio: "Future Shock"Breakfast with EinsteinRyanTV filme1973PeterTV filme 1999Liberty HeightsBen KurtzmanFreaks and GeeksEliEpisodio: "Piloto"2000Family LawJason NelsonEpisodio: "A Mother's Son" 2001Get Over ItBerke LandersBoston PublicMax WarnerEpisodio: "Twenty-Nine" 2002The Laramie ProjectAaron KreifelsBig TroubleMatt ArnoldBang Bang You're DeadTrevor AdamsPhone BoothBig Q 2003NorthforkCod11:14EddieSix Feet UnderRussell Corwin22 episodios 2004The PunisherSpacker DaveThe Heart Is Deceitful Above All ThingsFleshy Boy 2005HostageMars KrupcheckThe Dead ZoneDarren FoldesEpisode: "The Last Goodbye" 2006X-Men: The Last Stand Warren Worthington III/Angel 2007Alpha DogJake MazurskyO tren das 3:10Charlie PrinceMy Name Is EarlGlennEpisodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 1"Episodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 2"30 Days of NightThe Stranger2008Birds of AmericaJay 2009The MessengerWill MontgomeryBlinkAJCurtametraxePandorumBower2010HereWill Shepard 2011The MechanicSteve McKennaRampartTerry 2012YellowNowellContrabandSebastian Abney360TBA
Premios Gañados 2003 Daytime Emmy, por Bang Bang You're Dead 2004 Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under 2006 Young Hollywood Awards, por Alpha Dog
Nomeamentos 1997 Gemini Award, por Flash Forward 1998 Gemini Award, por Flash Forward 2001 Teen Choice Awards, por Get Over It 2005 Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under 2007 Satellite Awards, por O tren das 3:10 2008 Screen Actors Guild Awards, por O tren das 3:10 Saturn Award, por O tren das 3:10 2009 Gotham Awards, por The Messenger
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The official Meeting Place for Ben Foster fans
Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa