Ayoze Díaz Díaz, nado en San Cristóbal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife) o 25 de maio de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Iniciouse no fútbol no equipo do seu barrio, o Geneto, onde foi adestrado polo seu pai. Anos máis tarde o CD Tenerife fíxase nel e o incorpora nas súas categorías inferiores, debutando co CD Tenerife B na campaña 1999–00 e posteriormente no primeiro equipo.
Posteriormente, o xogador canario recalou no Racing de Santander en xullo de 2003 firmando por cinco tempadas. O seu debut foi contra o Ciudad de Murcia, equipo ao que foi cedido durante a tempada 2006–07. Rematou o seu contrato co Racing o 30 de xuño de 2008, e foi contratado polo RCD Mallorca o 5 de xullo dese mesmo ano."Ayoze deja el Racing y ficha por el Mallorca"
O 22 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña por tres tempadas."Ayoze ficha por el Deportivo para las tres próximas temporadas" O 2 de setembro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo, logo de 41 partidos co conxunto coruñés.
En 2018 obtivo a licenza de adestrador UEFA Pro tras asistir ao curso da Federación Española, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador e campión da Eurocopa Luis de la Fuente.
Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en San Cristóbal de La Laguna Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do UD Lanzarote Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do CF Ciudad de Murcia Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña