Kyrie Andrew Irving, nado o 23 de marzo de 1992 en Melbourne (Victoria, Australia) é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Antes xogou para a Universidade de Duke. É o segundo xogador nado en Australia que é seleccionado na primeira posición do Draft da NBA, despois de Andrew Bogut, no Draft de 2005.
Traxectoria Cleveland Cavaliers (2011-2017) Irving anunciou que se ía declarar elixible para o Draft da NBA de 2011, onde foi elixido na 1ª posición polos Cleveland Cavaliers.http://www.guardian.co.uk/sport/2011/jun/24/cavaliers-kyrie-irving-nba-draft|title=Cleveland Cavaliers select Kyrie Irving as first overall pick in NBA draft, 24 de xuño de 2011, The Guardian, consultado o 24 de xuño de 2011 O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Cavaliers.
Irving tivo un gran comezo, nos primeiros 23 partidos, tivo 10 con máis de 20 puntos anotados, incluíndo 32 puntos na derrota contra os New Jersey Nets. Nese mesmo partido, anotou 21 puntos no último cuarto. Irving e o seu compañeiro Tristan Thompson foron elixidos para xogar no Rising Stars Challenge de 2012. Porén, Irving xogou no Team Chuck, e Thompson no Team Shaq. Irving anotou 34 puntos, e foi o MVP do partido.Irving steals Rising Stars Challenge as Lin goes silent. Usatoday.com (2012-02-24). Consultado o 2012-05-05. Foi elixido Rookie do Ano da NBA 2012, recibindo 117 de 120 votos posibles na primeira posición. Foi ademais a única elección unánime no Primeiro Equipo de Rookies da NBA. Na súa primeira tempada, acadou 18.5 puntos, 5.4 asistencias e unha porcentaxe de tiros de campo dun 46.9%, e dun 39.9% en triplas.
Tempada 2012-13
O 17 de novembro de 2012, na derrota contra os Dallas Mavericks, Irving mancouse nun dedo dunha man. Malia que xogou no seguinte partido dos Cavaliers, a súa lesión obrigouno a perderse tres semanas de xogo.ESPN.com Retrieved 2012-11-19. Ó segundo partido da súa volta, o 15 de decembro contra os New York Knicks, Irving anotou 41 puntos, o máximo na súa carreira, xunto a cinco rebotes e cinco asistencias. Irving converteuse no xogador máis novo na historia da NBA en anotar 40 puntos no Madison Square Garden, sendo un ano máis novo que cando Michael Jordan o fixo en 1985."Kyrie Irving drops career-high 41, but Cavs fall to Knicks." ESPN.com Retrieved December 16, 2012.
O 24 de xaneiro de 2013, Irving foi seleccionado para xogar o NBA All-Star Game, sendo a súa primeira aparición no evento.
Boston Celtics (2017-presente) O 22 de agosto de 2017, Irving foi traspasado aos Boston Celtics a cambio de Isaiah Thomas, Jae Crowder, Ante Žižić e os dereitos da elección da primeira rolda do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en NBADraft.net Perfil en Scout.com Perfil en Rivals.com Perfil en ESPN
Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Nados en 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto de Australia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto