Rorke's Drift foi unha estación militar de KwaZulu-Natal (Suráfrica), coñecida como KwaJimu polos zulús.
Horas despois da derrota británica na batalla de Isandhlwana, durante a guerra anglo-zulú, Dabulamanzi kaMpande liderou un ataque zulú contra o almacén KwaJimu o 22 de xaneiro de 1879. A dotación da estación, destinada a hospital militar e que nese momento tiña 36 enfermos, estaba composta de 139 soldados británicos. Unha compañía do 24º Rexemento de Infantaría, conseguiu defenderse do ataque de 4 000 guerreiros zulús. Á chegada dos zulús as tropas auxiliares nativas desertaran.
Trala chegada de nativos do corpo de auxiliares que escaparan de Isandhlwana, o comandante John Rouse Merriott Chard decidiu fortificar a posición ao modo dun laager, unha liña de defensa circular, xeralmente formada por caravanas, pero neste caso formada por caixas de munición e sacos de fartiña. Os zulús cesaron os ataques arredor das catro da mañá do día 23, acumulando cerca de cincocentas baixas. A vitoria non se deu como segura ata as oito e cuarto da mañá, cando o grupo capitaneado por Russel, do 12º de lanceiros, volvía co grupo de avance das forzas de Lord Chelmsford, confirmando a retirada dos zulús.Na banda británica houbo 27 baixas e calcúlase que morreron arredor de 500 zulús.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Batalla de Rorke's Drift en BrittishBattles.com(en inglés)
Categoría:Historia de Suráfrica Categoría:1879 Categoría:Batallas do século XIX