O Terrassa Futbol Club é un club de fútbol catalán, da cidade de Terrassa, na provincia de Barcelona. Fundouse en 1906 e xoga actualmente na Terceira División de España.
Historia En 1902 xogouse o primeiro partido de fútbol en Terrassa, por estudantes da Escola Industrial. En 1906 un grupo destes rapaces crea o Young’s Club nos terreos de En Belil. Dous anos máis tarde pasa a chamarse Terrassa Foot-Ball Club e en 1911 pasa a ser Terrassa Futbol Club. Despois da Guerra Civil e ata 1969 o club tivo a denominación de CD Terrassa.
En 2009 o Terrassa FC entrou en proceso de liquidación; o 29 de xuño outorgáronse os dereitos federativos a TFC Sports SL, que pasou a xestionar o club coa condición de que ao cabo duns meses a natureza xurídica do club cambiase a club social ou sociedade anónima deportiva. No ano 2010 creouse a empresa Terrassa Olímpica 2010 SAD, que adquiriu os dereitos federativos da anterior sociedade anónima deportiva para garantir a continuidade do proxecto.
Uniforme Uniforme titular: camiseta vermella con branco nas mangas, pantalón vermello e medias brancas. Uniforme alternativo: camiseta branca con vermello nas mangas, pantalón branco e medias negras.
Estadio
O Terrassa xoga no Olímpic de Terrassa, con capacidade para 11.500 espectadores. O estadio foi estreado en 1960 cun partido entre o Terrassa FC e o Sevilla FC que acabou cun resultado de 2-4.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 15 Tempadas en 2ªB: 18 Tempadas en 3ª: 36 (Incluída a 2012/13) Mellor posto na liga: 5º (2ª división, tempada 1942-43)
Xogadores destacados 20px Marc Bernaus Luciano Becchio Iselín Ovejero Rolando Zárate Bio Bruno Cazarine Maikel Alberto Mendez Haruna Babangida Àngel Rangel Francisco Carrasco Juanele Thomas Christiansen Pier Marco Vanzini
Palmarés Torneos rexionais Copa de Cataluña (4): 1925, 1936, 2002, 2003 Campionatos de Cataluña de Segunda Categoría (2): 1915-16, 1923-24
Torneos nacionais Subcampión da Segunda División B Española (1): 1997-98 Terceira División Española (4): 1953-54, 1961-62, 1969-70, 1974-75 Subcampión da Terceira División Española (5): 1950-51, 1967-68, 1968-69, 1971-72, 1993-94
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web do Terrassa en Futbolme.com
Terrassa Terrassa Categoría:Terrasa Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1906