Kwame James Brown, nado o 10 de marzo de 1982 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria deportiva NBA Brown foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Washington Wizards. Foi o primeiro número un do Draft en ser seleccionado tras chegar directamente dende o instituto. Xogou ademais para Los Angeles Lakers, Memphis Grizzlies e Detroit Pistons.

O 23 de agosto de 2010, Brown asinou un contrato dun ano polos Charlotte Bobcats.

O 13 de decembro de 2011, Brown asinou un contrato dun ano cos Golden State Warriors. Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Ekpe Udoh a cambio de Stephen Jackson e Andrew Bogut.

O 13 de xullo de 2012, Brown asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Philadelphia 76ers. O 20 de novembro de 2013, foi cortado polos Sixers.

Notas

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Charleston, Carolina do Sur