Miranda Otto, nada o 16 de decembro de 1967 en Brisbane, Queensland, é unha actriz australiana de cinema e teatro.

Traxectoria É recoñecida en todo o mundo polo papel da doncela guerreira Éowyn na triloxía de filmes de Peter Jackson baseada na saga d´O Señor dos Aneis. Sendo dunha familia de actores, Miranda comezou a actuar á idade de 19 anos, e dende entón apareceu nunha gran variedade de filmes de baixo orzamento e proxectos de grandes estudos.

A súa primeira actuación notábel foi no filme Emma's War (1986), no que interpretou unha adolescente que se muda a Australia durante a segunda guerra mundial. Tras unha década de papeis aclamados pola crítica na Australia, atraeu a atención de Hollywood para aparecer en dous papeis en The Thin Red Line (1998) e What Lies Beneath (2000). Con todo, o seu papel máis famoso foi no 2002 cando entrou no elenco dos filmes d´O Señor dos Aneis.

No 2008, entrou na serie de televisión Cashmere Mafia (que foi cancelada á metade dese ano), anunciando tamén a súa aparición en In Her Skin. No tocante á súa vida privada, a actriz foi ligada cos actores Richard Roxburgh e Peter O'Brien, o cal xa foi discutido varias veces nos medios. Actualmente, está casada con Peter O'Brien e teñen unha filla chamada Darcey.

Filmografía Ano Filme Papel Notas 1986 Emma's War Emma Grange 1987 Initiation Stevie 1988 The 13th Floor Rebecca 1991 The Girl Who Came Late Nell Tiscowitz Nomeada- "Australian Film Institute" á Mellor Actriz en papel principal 1992 Heroes II: The Return Roma Page Filme de televisión 1992 The Last Days of Chez Nous Annie Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz Secundaria Nomeada- "Film Critics Circle of Australia" Mellor Actor Secundario en Papel feminino 1993 The Nostradamus Kid Jennie O'Brien 1995 Sex Is a Four Letter Word Viv 1996 Love Serenade Dimity Hurley 1997 The Well Katherine Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz en papel protagonista Nomeada- "Film Critics Circle of Australia award" Mellor Actriz 1997 True Love and Chaos Mimi 1997 Doing Time for Patsy Cline Patsy 1998 Dead Letter Office Alice Walsh Nomeada- "Film Critics Circle of Australia Awards" Mellor Actriz 1998 In the Winter Dark Ronnie Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz Secundaria 1998 The Thin Red Line Marty Bell 1999 The Jack Bull Cora Redding Filme de televisión 2000 Kin Anna 2000 What Lies Beneath Mary Feur 2001 La volpe a tre zampe Ruth Filmado en italiano 2001 Human Nature Gabrielle 2001 The Way We Live Now Mrs. Hurtle Miniserie de televisión 2002 Doctor Sleep Clara Strother 2002 Julie Walking Home Julie 2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Éowyn Nomeada "Empire Awards" Mellor Actriz "Online Film Critics Society Award" ó Mellor Elenco Nomeada- "Phoenix Film Critics Society Award" ó Mellor Elenco Nomeada- "Screen Actors Guild Award for Outstanding Performance" ó Mellor Elenco 2003 Danny Deckchair Glenda Lake 2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Éowyn Nomeada- "Saturn Award" Mellor Actriz Secundaria "Broadcast Film Critics Association Award" ó Mellor Elenco "National Board of Review Award" ó Mellor Elenco "Phoenix Film Critics Society Award" ó Mellor Elenco "Screen Actors Guild Award" á Mellor Actuación Secundaria en Filme 2004 In My Father's Den Penny 2004 Through My Eyes: The Lindy Chamberlain Story Lindy Chamberlain Miniserie de televisión; "Logie Award" e "Silver Logie" á Mellor Actriz de Drama Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Axtriz Protagonista en Televisión 2004 Flight of the Phoenix Kelly Johnson 2005 War of the Worlds Mary Ann Ferrier 2007 The Starter Wife Cricket Stewart Miniserie de televisión 2007 Cashmere Mafia Juliet Draper Serie de televisión 2009 In Her Skin Mrs. Barber 2009 Blessed Bianca 2010 South Solitary Meredith 2010 Get It at Goode's Patty Williams

Véxase tamén

Ligazóns externas CineClick

Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Brisbane