Os New South Wales Waratahs son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do Hemisferio Sur representando ó estado de Nova Gales do Sur, en Australia, e que ten a súa sede na cidade de Sydney.
Estadio Os NSW Waratahs comparten o Sydney Football Stadium cos Sydney Roosters da NRL e co Sydney FC. Este estadio foi inaugurado en 1988 e ten unha capacidade de 45.500 persoas. Os Waratahs tamén xogan un encontro ó ano no ANZ Stadium, o estadio principal que acolleu as Olimpiadas de Sydney, e no que collen 83.500 seareiros.
Xogadores Estes son os xogadores que formarán parte dos Waratahs na tempada 2016: 1ª Liña Benn Robinson Paddy Ryan Jeremy Tilse Angus Ta'avao
Talonadores Tolu Latu Tatafu Polota-Nau HUgh Roach
2ª Liña Jed Holloway Sam Lousi Dean Mumm Will Skelton 3ª Liña Mitchell Chapman Jack Dempsey Dave Dennis(c) Tala Gray Stephen Hoiles Michael Hooper Bradley Wilkin
Medios Melé Nick Phipps
Aperturas Bernard Foley Centros Rob Horne Kurtley Beale Matthew Carraro Jono Lance
Ás Andrew Kellaway Harry Jones Reece Robinson Zac Guildford
Zagueiros Israel Folau
En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Algunhas das figuras máis salientables da historia dos Waratahs foron: Lote Tuqiri, Wendell Sailor, Matt Rogers, Morgan Turinui, Nick Farr-Jones, Matt Burke, Rocky Elsom, Peter Hewat ou David Campese.
Traxectoria A traxectoria dos Waratahs no torneo Super Rugby ten sido moi regular, acadando 6 veces o dereito a loitar nos playoffs polo título. En 2005 e 2008 chegou á final do campionato, caendo nas dúas ocasións fronte ós Crusaders. Na tempada 2014, os Waratahs gañaron o campionato ao vencer na final aos Crusaders. 300px|miniatura|dereita|Sydney Football Stadium, fogar dos Waratahs. TempadaXogadosGañadosEmpatesDerrotasPUNTOSTemp.RegularPlayOffs2016 2015161105522º(caeu nas semifinais fronte ós Highlanders)2014161204581ºCAMPIÓN (fronte ós Crusaders)201316808459º20121640123511º2011161006575º(caeu nos cuartos de final fronte ós Blues)201013904433º(caeu nas semifinais fronte ós Stormers)200913904415º200813913432º(caeu na final fronte ós Crusaders)2007133192113º200613904453º(caeu nas semifinais fronte ós Hurricanes)200511902412º(caeu na final fronte ós Crusaders)200411506278º200311605315º200211803392º(caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)200111506258º200011506259º199911416248º199811614306º199711407209º199611506286º
Véxase tamén Outros artigos Super Rugby
Ligazóns externas Páxina oficial dos NSW Waratahs
Categoría:Equipos de rugby de Australia