Embrace foi unha banda de curta vida de post-hardcore procedente de Washington, D.C., activa dende o verán de 1985 ata a primavera de 1986. Xunto con Rites of Spring e Beefeater, foi un dos artistas principais do movemento Revolution Summer de 1985,Andersen & Jenkins, p. 193 e trátase du dos primeiros grupos en ser etiquetados pola prensa como emotional hardcore,Andersen & Jenkins, p. 202 aínda que os seus membros rexeitaron ese termo dende a súa creación.Cogan, p. 97 A banda incluía a Ian MacKaye de Minor Threat e a tres antigos membros do grupo do seu irmán Alec, The Faith: o guitarrista Michael Hampton, o batería Ivor Hanson e o baixista Chris Bald. Hampton e Hanson tamén tocaran xa anteriormente xuntos en S.O.A.Cogan, pp. 306-07

A banda realizou o seu primeiro concerto o día 28 de xullo de 1985 no Food for Thought, un antigo restaurante e sala de concertos situada en Dupont Circle, en Washington, D.C. O seu noveno e derradeiro concerto foi no 9:30 Club en marzo de 1986. As únicas gravacións realizadas polo cuarteto foi un álbum auto-titulado e un sinxelo.

Despois da separación de Embrace, MacKaye reuniuse co antigo batería de Minor Threat Jeff Nelson para formar Egg Hunt. Bald entrou na banda Ignition, e o batería Ivor Hanson xuntouse con Hampton novamente en 1992 en Manifesto.

Discografía Álbum Ano Selo Embrace 1987 Dischord Records

Notas

Bibliografía

Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais formados en 1985