miniatura|150px|Thomas Davis, líder de Irlanda Nova. Irlanda Nova (en gaélico irlandés Éire Óg, en inglés Young Ireland) foi un movemento social, cultural e político do nacionalismo irlandés de mediados do século XIX que liderou a fracasada Rebelión de Irlanda Nova de 1848.
Características
Liderada por Thomas Davis e operativa entre 1839 e 1849 propiciou mudanzas importantes no nacionalismo irlandés e exerceu unha notable influencia nas posteriores xeracións de nacionalistas. Moitos dos seus integrantes foron xulgados por sedición e sentenciados a desterro penal á Terra de Van Diemen, hoxe coñecida como Tasmania.
Véxase tamén Ligazóns externas Irlanda Nova e a Rebelión de 1848 da ''Encyclopedia of 1848 Revolutions
Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Nacionalismo irlandés