A milla verde (en ) é un filme estadounidense dirixido por Frank Darabont que se estreou en 1999. Está baseada na novela The Green Mile de Stephen King escrita en 1996. O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por Michael Clarke Duncan como John Coffey. A historia trata sobre a vida de Paul como funcionario de prisións no corredor da morte durante a Gran Depresión nos Estados Unidos, e os eventos sobrenaturais dos que é testemuña. O filme foi nomeado a catro Premios Óscar: mellor actor secundario para Michael Clarke Duncan, mellor filme, mellor son e mellor guión adaptado.
Estreouse en galego o 10 de maio de 2021 na TVG. O director de dobraxe foi Xerardo Couto.
Sinopse Nun lugar do sur dos Estados Unidos, en plena Depresión, Paul Edgecomb é un funcionario de prisións encargado de vixiar a Milla Verde, un corredor que separa as celas dos presos condenados á cadeira eléctrica. John Coffey, un xigantesco afroamericano acusado de asasinar brutalmente a dúas irmás de nove anos está agardando a súa inminente execución. Tras unha personalidade inxenua e infantil, Coffey agocha un prodixioso don sobrenatural. Cando se presenta a ocasión de poñelo en práctica, Edgecomb aprenderá que os milagres existen, mesmo nos lugares máis insospeitados.
Personaxes
Tom Hanks como Paul Edgecomb Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas. Michael Clarke Duncan como John Coffey Voz da dobraxe galega de Xosé María López Baño. Bonnie Hunt como Jan Edgecomb Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo. David Morse como Brutus "Brutal" Howell Doug Hutchison como Percy Wetmore Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández. Sam Rockwell como "Wild Bill" Wharton Voz da dobraxe galega de Nacho Castaño. Michael Jeter como Eduard "Del" Delacroix Voz da dobraxe galega de Xerardo Couto. James Cromwell como Garda Moores Voz da dobraxe galega de Antonio Mourelos. Patricia Clarkson como Melinda Moores Voz da dobraxe galega de Bea García Barry Pepper como Dean Stanton Voz da dobraxe galega de Gaspar Somoza Graham Greene como Arlen Bitterbuck Voz da dobraxe galega de Antón Rubal. Jeffrey DeMunn como Harry Terwilliger Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras. Harry Dean Stanton como Toot-Toot Voz da dobraxe galega de Tacho González. Bill McKinney como Jack Van Hay Voz da dobraxe galega de Miguel Pernas. Dabbs Greer como Vello Paul Edgecomb Voz da dobraxe galega de Miguel Varela Gary Sinise como Burt Hammersmith Voz da dobraxe galega de Raúl Dans. William Sadler como Klaus Detterick
Galardóns e nomeamentos 1999: 4 Nomeamentos ó Óscar: Mellor actor secundario, guión adaptado, son, película. 1999: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Michael Clarke Duncan).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Darabont Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Castle Rock Entertainment Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Tennessee Categoría:Filmes ambientados en 1999 Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego