The Horse Whisperer é un filme estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Robert Redford que se estreou en 1998. Baséase na novela de 1995 The Horse Whisperer de Nicholas Evans. Redford interpreta o papel principal, un talentoso vaqueiro cun don para entender ós cabalos, que é contratado para axudar a unha moza tolleita (interpretada por Scarlett Johansson) e o seu cabalo a se volver entender logo dun tráxico accidente.

Sinopse Grace (Scarlett Johansson) e a súa amiga Judith saen a dar un paseo a cabalo e sofren un terrible accidente ó ser atropeladas por un tráiler. Judith e o seu cabalo morren, mentres que Grace e o seu (Pilgrim) resultan gravemente feridos. Nun intento desesperado por recuperar a Pilgrim que, dende o accidente, se converteu nun cabalo salvaxe, Anie, a nai de Grace (Scott Thomas), decide ir a Montana a ver a Tom Booker (Robert Redford), un vaqueiro que ten unha facultade especial para falar e curar ós cabalos.

Personaxes Robert Redford como Tom Booker Kristin Scott Thomas como Annie MacLean Sam Neill como Robert MacLean Dianne Wiest como Dianne Booker Scarlett Johansson como Grace MacLean Chris Cooper como Frank Booker Cherry Jones como Liz Hammond Ty Hillman como Joe Booker Kate Bosworth como Judith Jessalyn Gilsig como Lucy Jeanette Nolan como Mrs Ellen Booker Wes Studi como Garda do parque

Galardóns e nomeamentos 1998: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal. 1998: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme dramático, director (Robert Redford).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Redford Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes sobre cabalos