miniatura|250px|Barricada polonesa. Unha barricada é un parapeto improvisado que se fai con barricas, carruaxes volcadas, paus, pedras etc. Serve para entorpecer o paso ao adversario e é máis empregada nas revoltas populares que na arte militar.
O seu uso remóntase ao parecer a 1588 en París, coa célebre Xornada das barricadas. Posteriormente, recorreuse a elas:
na propia capital francesa en 1648 para derrubar a Mazarino en 1830, para facer fronte ás tropas de Carlos X nas bullangas de 1832 e 1834 nas xornadas de febreiro e xuño de 1848 na época da Commune.
En España, erguéronse barricadas en moitas ocasións, especialmente en Madrid en 1854, coa insurrección de Vicálvaro, en 1856 e en 1866. En Barcelona, as de 1856 e en Valencia, Cádiz, Sevilla etc as que se ergueron durante o período revolucionario.
Notas Este artigo contén material do dicionario enciclopédico popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que se encontra no dominio público.
Categoría:Arquitectura militar