O Mondariz Fútbol Club é un club de fútbol galego do concello de Mondariz. Foi fundado en 1920 e actualmente compite no Grupo Sur da Preferente Autonómica de Galicia.
Historia O Mondariz Fútbol Club foi fundado en 1920, e competiu na Primeira División de Campionato Comarcal de Zonas de Peinador. Acadou unha liga e unha copa, ata que en 1960 se retirou da competición. Regresou na tempada 1968, e comezou a alternar nas distintas divisións rexionais e a participación en sete campionatos galegos de afeccionados. Na tempada 2011-12 acadou o ascenso a Rexional Preferente.
Datos do club Tempada a tempada TempadaCategoríaPosto2000/012ª Autonómica10º2001/022ª Autonómica2002/031ª Autonómica13º2003/041ª Autonómica2004/052ª Autonómica3º2005/062ª Autonómica4º2006/072ª Autonómica2007/081ª Autonómica11º2008/091ª Autonómica13ºTempadaCategoríaPosto2009/101ª Autonómica14º2010/111ª Autonómica2011/12Preferente9º2012/13Preferente16º2013/14Preferente14º2014/15Preferente9º2015/16Preferente13º2016/17Preferente16º2017/18Preferente—
Palmarés Segunda División Regional.(1) 1991-1992. Terceira División Regional.(1) 1989-1990. Primeira División de Campionato Comarcal de Zonas (3) Vigo 1968 , 1971; Peinador 1955. Segunda División de Campionato Comarcal de Vigo. (1) 1972 – 1973. Copa de Zonas.(1) 1958.
Véxase tamén
Mondariz Categoría:Deporte en Mondariz