ACRIMSAT (acrónimo de Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite) é un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, como carga secundaria xunto ó satélite Arirang-1.
Características ACRIMSAT forma parte do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System) da NASA e está adicado á medición da variación irradiancia solar total. A estrutura principal ten forma octogonal, cun ancho de 77,5 cm e un alto de 66,0 cm. Cos paneis solares estendidos a envergadura do satélite chega aos 178 cm. A potencia proporcionada polos paneis é de 80 vatios.
ACRIMSAT mideu o efecto do paso de Venus fronte o Sol o 8 de xuño de 2004 na irradiancia solar.
Instrumentos ACRIMSAT usa como instrumento de medida o ACRIM-3, que mide a irradiancia cunha precisión mellor que o 0,1%. Os datos recollidos por ACRIM-3 estenden a medición da irradiancia feita polos instrumentos ACRIM-2 (a bordo do satélite UARS) e ACRIM-1 (a bordo do satélite Solar Maximum Mission en 1980).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do equipo científico de ACRIMSAT Páxina de ACRIMSAT no JPL
Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América