Mari Laura González González, máis coñecida como Maret, nada en Cameixa (Boborás) o 6 de outubro de 1986, é unha cantante e presentadora de televisión galega.

Traxectoria Criouse percorrendo festas e romarías de Galicia co posto de polbo á feira familiar e conviviu coa música desde pequena, o seu pai toca o acordeón nunha charanga. A súa familia vive en Arcos, parroquia carballiñesa soada por ser o berce das pulpeiras.

Con 11 anos participou en concursos como o Tequelexou. Admiradora de Ana Kiro, cantou en Tardes con Ana, o emblemático talk-show da Televisión de Galicia. En 2008 foi finalista en Factor X, un concurso da canle Cuatro de televisión para buscar novos valores da canción. La voz de la gallega Laura revoluciona Factor X

Gañadora da 1ª edición de Recantos, concurso de cantantes no programa Luar da Televisión de Galicia. Desde outubro do 2010 ata xullo do 2011 competiron 20 concursantes representando a outros tantos recantos de Galicia, incluíndo a emigración. Maret foi a representante do Ribeiro. Conseguiu promover á segunda fase do concurso, na que o xurado foi outorgándolle as notas máis altas ata conseguir o único triplo 10 de todo o certame.

Foi pregoeira do Correlingua de 2011 animando aos rapaces a utilizar o galego nas redes sociais.

Ten publicado un disco titulado Maret no que interpreta temas con letras escritas por ela mesma.

A súa estrea como cantante profesional na televisión foi na Gala Especial do Apóstolo da TVG o 24 de xullo de 2011.

Como presentadora, comezou conducindo o programa Luar da TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso durante a tempada 2011 -2012. Cando me dixeron que ía copresentar Luar, chorei moito

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Anduriña, vídeo na TVG. Á túa beira, vídeo na TVG. María Cristina, vídeo na TVG. Libre, vídeo na TVG. Estando contigo, vídeo na TVG. Granada, vídeo na TVG. Ollos verdes, vídeo na TVG. Bótame a min a culpa, vídeo na TVG.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Boborás Categoría:Nados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes