Alexis Henri Charles de Clérel, vizconde de Tocqueville, nado o 29 de xullo de 1805 en Verneuil-sur-Seine e finado o 16 de abril de 1859 en Cannes, foi un pensador, xurista, político e historiador francés, precursor da socioloxía clásica e un dos máis importantes ideólogos do liberalismo. Foi bisneto do tamén político e ministro de Lois XVI, Guillaume-Chrétien de Lamoignon de Malesherbes. É coñecido polas súas obras De la démocratie en Amérique (publicada en dous volumes en 1835 e 1840, respectivamente) e L'Ancien Régime et la Révolution, de 1856. Nelas analizou os estándares de vida e as condicións sociais dos individuos, así como a súa relación co mercado e o estado, nas sociedades occidentais. De la démocratie en Amérique é o resultado da súa viaxe ós Estados Unidos e, na actualidade, considérase un texto pioneiro da socioloxía e a ciencia política.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Alexis de Tocqueville

Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1859 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Vizcondes