James Tobin, nado en Champaign, Illinois, o 5 de marzo de 1918 e finado en New Haven o 11 de marzo de 2002, foi un economista keynesiano estadounidense.

Traxectoria Foi Premio Nobel de Economía, membro do Consello de Asesores Económicos da Presidencia dos Estados Unidos e da Xunta de goberno do Sistema de Reserva Federal, profesor nas universidades de Harvard e Yale.

Cría que os gobernos deben intervir na economía co fin de estabilizar a produción total e evitar as recesións. O seu traballo académico incluía contribucións pioneiras ao estudo dos investimentos, a política monetaria e fiscal e os mercados financeiros. Inclusive propuxo un modelo econométrico para variábeis endóxenas censuradas, o modelo Tobin.

Fóra do mundo académico, é coñecido pola súa suxestión de gravar os fluxos de capitais, proposta actualmente coñecida como Taxa Tobin, que se converteu nun dos cabalos de batalla do altermundismo, aínda que o propio Tobin cría que se estaba abusando do seu nome e a súa idea.

Véxase tamén Ligazóns externas James Tobin - at the Nobel Foundation e-Museum

Categoría:Premio Nobel de Economía Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Economistas dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade Yale