Friburgo é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. En 2016 tiña 338.829 habitantes.
Xeografía Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.
Historia Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.
A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.
Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.
Cultura miniatura|180px|esquerda|Moeda conmemorativa do Certame Federal de Tiro de Friburgo de 1881 O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta a zona antiga. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.
No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.
Notas e referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do concello de Friburgo
Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Cantón de Friburgo