R136, formalmente coñecido coma RMC 136, é un gran cúmulo estelar preto do centro do complexo de 30 Doradus (coñecido coma a Nebulosa da Tarántula), dentro da Gran Nube de Magallanes. É un cúmulo moi novo de estrelas xigantes e superxigantes, cunha idade de 1-2 millóns de anos.. A maioría da súas estrelas son do tipo espectral O3, con 39 estrelas deste tipo confirmadas. E por engadidura tamén foi confirmada a existencia de varias estrelas Wolf-Rayet.

O cúmulo R136 contén varias compoñentes.Simbad data for RMC 136 A natureza da compoñente central, R136a, era inicialmente pouco clara. No pasado chegouse pensar que R136 era unha estrela hiperxigante de case 1500 masas solares, e 30 millóns de veces máis luminosa có noso Sol, cunha temperatura de 55-60.000 K e con 80,50 millóns de km de diámetro. A súa natureza real foi resolta grazas a interferometría e deuse cun denso cúmulo de estrelas que contiña entre outras cousas, doce estrelas moi masivas e luminosas no seu núcleo. Os cálculos iniciais dábanlles a estas estrelas unhas masas entre 37 a 76 masas solares. Tres estrela extremadamente luminosas (R136a1, R136a2 e R136a3) dominan o cúmulo e están separadas entre si por só 0,10 a 0,48 arcsec. Unha destas estrelas, a R136a1, é unha das estrelas máis masivas atopadas até o día de hoxe, cunhas 265 masas solares, e tamén é unha das estrelas máis luminosas, unhas 8.700.000 veces máis luminosa có noso Sol. R136 produce a meirande parte da enerxía que fai que a Nebulosa da Tarántula sexa visible. A masa estimada do cúmulo é dunhas 450.000 masas solares, suxerindo que no futuro se poida converter nun cúmulo globular.

Compoñentes Lista parcial de compoñentes: NOME Ascensión recta Declinación Magnitude aparente (V) Tipo espectral Referencias nas bases de datos R136a cúmulo estelar SIMBAD R136a1 (BAT99 108) 12.77 Wolf–Rayet SIMBAD R136a2 (BAT99 109) 13.38 Wolf–Rayet SIMBAD R136a3 (BAT99 106) 12.93 Wolf–Rayet SIMBAD R136 Ab (SNR B0538-69.2) 9.59 Restos de Supernova SIMBAD R136 Ac (PSR J0537-6910) pulsar SIMBAD R136b (BAT99 111) 13.66 O4 SIMBAD R136c (BAT99 112) 12.86 Wolf–Rayet SIMBAD

300px|dereita|Estrela ''fuxitiva' afastándose velozmente de 30 Doradus, imaxe tomada polo telescopio Hubble

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

R136b, unha estrela Wolf–Rayet. Hodge 301, outro cúmulo estelar dentro da Nebulosa da Tarántula. Nebulosa da Tarántula.

Lecturas recomendadas ESA Hubble, Symphony of colours in the Tarantula , 15-12-2004

R 136 no previsualizador Aladin

Ligazóns externas SIMBAD RMC 136 NED RMC 136

Categoría:Cúmulos estelares abertos Categoría:Constelación de Dorado