Resident Evil: Apocalypse é un filme de terror estadounidense dirixido por Alexander Witt que se estreou no 2004. Segundo filme da franquía de Resident Evil, precedido por Resident Evil (2002) e seguido por Resident Evil: Extinction (2007) e Resident Evil: Afterlife (2010).
Estreouse en galego na TVG o 6 de xuño de 2010.
Sinopse Un virus mortal foi liberado sobre a poboación de Raccoon City. Alice (Milla Jovovich), unha das superviventes do desastre bioquímico, atópase no corazón desta devastada cidade. Sometida a experimentos que alteraron a súa xenética, agora ten forza, sentidos e velocidade sobrehumana. Estas habilidades, e máis, serán as que deba empregar se quere fuxir, xunto con outros superviventes da cada vez máis perigosa Raccoon City. Para acadar a súa meta terá que loitar contra as forzas da Umbrella Corporation, as violentas criaturas de bioenxeñería creadas nos seus laboratorios, os zombis que pragan a cidade e, finalmente, enfrontarse á máis colosal e mortal destas creacións: Némese.
Personaxes Milla Jovovich como Alice Sienna Guillory como Jill Valentine Oded Fehr como Carlos Olivera Thomas Kretschmann como Alcalde Timothy Cain Sophie Vavasseur como Angela Ashford Razaaq Adoti como Peyton Wells Jared Harris como Doutor Charles Ashford Mike Epps como Lloyd Jefferson (L.J.) Wayne Sandrine Holt como Terri Morales Matthew G. Taylor como Némese Zack Ward como Nicholai Ginovaeff Iain Glen como Doutor Sam Isaacs Dave Nichols como Capitán Henderson Stefen Hayes como Yuri Loginova
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Hamilton, Ontario Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes baseados en videoxogos Categoría:Filmes de zombis Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego