Os odontocetos (Odontoceti, Flower, 1867) constitúen unha suborde dos cetáceos caracterizados por posuíren dentes, a diferenza das baleas e especies similares (misticetos) que posúen unhas formacións quitinosas chamadas barbas, con función filtradora.

Etimoloxía O nome Odontoceti provén do grego antigo ὀδόντο- odónto-, "dente" e κῆτος kêtos, "gran monstro mariño".

Características A característica definitoria do taxon é a presenza de dentes, polo que as especies de gran tamaño, reciben o nome (impropio) de baleas dentadas ou baleas con dentes. Os dentes son cónicos, ocos e indiferenciados (homodontes) e poden presentarse en número moi variable, desde os 160-240 do golfiño común ata o dente único do narval.Reealmente, o narval ten dous dentes na mandíbula superior, aínda que (normalmente) o esquerdo alcanza un desenvolvemento enorme, de ata de máis de 2 m) Así mesmo varía a súa disposición, presente nas dúas mandíbulas ou só na inferior (como nos cachalotes ou algúns zifios) ou na superior (narval), e o seu tamaño, que oscila entre uns milímetros na toniña e os dous metros no narval.

Os dentes non teñen función mastigatoria senón que serven para capturar as presas, que engolen enteiras. Aínda así, non sempre cumpren esa función e nalgunhas especies convértense en caracteres de diferenciación sexual, como acontece tipicamente no narval.

Presentan un único espiráculo (orificio respiratorio) na parte superior da cabeza e unha fronte avultada debida ás modificacións anatómicas producidas pola presenza do melón, denominación popular do órgano da ecolocación.

Todos os odontocetos son carnívoros.

Taxonomía Os odontocetos clasifícanse dentro da orde Cetacea e distribúense en dez familias (algunhas delas discutidas): Delphinidae (Gray, 1821): golfiño, candorca, caldeirón Ziphiidae (Gray, 1850): zifio Iniidae (Gray, 1846): golfiños de auga doce (algúns inclúena en Platanistidae) Kogiidae (Gill, 1871): cachalote anano (algúns inclúena en Physeteridae) Lipotidae (incluída por algúns en Innidae e por outros en Platanistidae) Monodontidae (Gray, 1821): narval e beluga Phocoenidae (Gray, 1825): toniña Physeteridae (Gray, 1821): cachalote Platanistidae (Gray, 1846): golfiños de auga doce Pontoporiidae (incluída por algúns en Innidae e por outros en Platanistidae)

Modernamente moitas fontes agrúpannas en seis superfamilias:

Orde Cetacea Suborde Odontoceti Superfamilia Delphinoidea Familia Delphinidae Familia Monodontidae Familia Phocoenidae Superfamilia Inioidea Familia Iniidae Familia Pontoporiidae Inclúe a especie Pontoporia blainvillei (golfiño do Prata), antes na familia Iniidae. Superfamilia Lipotoidea Familia Lipotidae A dos Lipotidae é unha familia creada por Zhou, Qian & Li en 1978. Inclúe a especie Lipotes vexillifer (golfiño chinés de río), antes na familia Platanistidae. Superfamilia Physeteroidea Famila Kogiidae Familia Physeteridae Superfamilia Platanistoidea Familia Platanistidae Superfamila Zifioidea Familia Ziphiidae

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.

Outros artigos Cetáceos

Ligazóns externas Taxonomía ITIS Taxonomía Mammals Species of the World

Odontoceti en Fauna ibérica; mamíferos. Ángel Cabrera Latorre, 1914 (Facsímile electrónico) . Asturnatura.com