Joaquín Daniel Vázquez de Puga Torres, nado en Cequeliños (Arbo) o 30 de setembro de 1820 e finado en 1878, foi un político galego.
Traxectoria Foi un importante propietario, tendo unha participación importante na desamortización, xa que adquiriu na provincia de Ourense rendas forais por un valor de 658.150 rs. das casas matrices de Melón e Oseira (1849) e do priorado de Reza do mosteiro de Melón (1850). Destacado político unionista durante o reinado de Isabel II, foi deputado provincial polo distrito da Cañiza en 1856. O seu poder baseábase no control sobre esa zona, e puxo a disposición de Elduayen no Sexenio as súas propias redes clientelares para que este fose deputado a Cortes. Foi deputado polo distrito de Vigo en 1865 e 1869 e polo de Verín en 1876. En 1872 foi elixido senador por Pontevedra, axudado polo elduayenismo. Foi contratista da MZOV como retribución polos seus servizos electorais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879) / Felipe Castro Pérez in Documentos de Traballo. Historia; 13
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos