Antonio López de Neira, nado en Sober en 1827 e finado en Vigo o 6 de febreiro de 1919, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Chegou a Vigo como empregado de comercio, e conseguiu converterse nun dos seus principais industriais. Participou en varias iniciativas, destacando a fábrica de papel con Antonio Sanjurjo Badía e fábricas de chocolate. Tamén participou no negocio do transporte marítimo, no que foi representante da Compañía Trasatlántica Española, que absorbera a súa propia pequena empresa. Ademais foi conselleiro do Banco de España en Vigo.

En 1874 xa era concelleiro no concello de Vigo. Foi deputado provincial por Vigo en 1877 e 1878 e por Redondela-Pontecaldelas en 1882-1890, 1896 e 1905-1911. En 1897 foi elixido alcalde de Vigo. Entre 1905 e 1909 foi presidente da Deputación Provincial.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Sober Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra