O FC Dinamo Moscova é a sección de fútbol dunha sociedade deportiva de Moscova (Rusia) chamada Dinamo Moscova. O equipo compite na Liga Premier de Rusia. No seu tempo este equipo foi un dos máis fortes da URSS, tiña unha gran rivalidade co Spartak Moscova, e gañaba moitos títulos, pero dende a desaparición da Unión Soviética o equipo non acadou mais éxitos salientables. Palmarés Títulos nacionais En Rusia: Copa de Rusia (1) = 1995 Na URSS: Liga da URSS (11) = 1936, 1937, 1940, 1945, 1949, 1954, 1955, 1957, 1959, 1963, 1976 Copa da URSS (6) = 1937, 1953, 1967, 1970, 1977, 1984 Títulos continentais Recopa de Europa (0) = Subcampión en 1972 Estadio O Dinamo Moscova xoga os seus encontros como local no Estadio Dinamo, unha instalación multiúsos inaugurada en 1928 que ten unha capacidade para acoller 36.500 persoas, e que foi unha das ses dos Xogos Olímpicos de 1980. Este estadio está a ser restaurado, de xeito que cando rematen as obras terá unha capacidade máxima de 45.000 persoas. Mentres se levan a cabo estas reformas, o Dinamo Moscova está xogando os seus encontros como local no Arena Khimki da localidade de Khimki, o cal comparte co CSKA Moscova, que está a construír o seu propio estadio.
Xogadores
Véxase tamén
Outros artigos Liga Premier de Rusia Ligazóns externas Páxina oficial do FC Dinamo Moscova
Dinamo Moscova