Víctor Novoa Limeses, finado en Vigo o 29 de xuño de 1899, foi un político galego.
Traxectoria Foi deputado provincial polo distrito de Ponteareas en 1871; pola Cañiza en 1872 e por Redondela-Pontecaldelas en 1894. Foi tamén gobernador civil de Pontevedra entre 1878 e 1879 e de Ourense en 1880. Foi o home de José Elduayen en Pontevedra ata a década dos oitenta, cando o substituíu Sabino González Besada. Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra en 1895. Foi director do Banco de España en Vigo.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos