Advanced Communications Technology Satellite ou ACTS é un satélite de comunicacións experimental da NASA lanzado o 12 de setembro de 1993 a bordo do transbordador espacial Discovery na misión STS-51.
Características ACTS foi exectado da bodega de carga do Discovery acoplado a un foguete TOS-21H de propelente sólido que o levaría á súa órbita xeoestacionaria, situada a 100° de lonxitude oeste.
Foi o primeiro satélite de comunicacións completamente dixital. Funcionaba usando a banda K e foi construído por Lockheed Martin. Cos paneis solares e as antenas despregados mide uns 14 metros de longo e uns 9 metros de alto. Os estudos e experimentos comezaron 12 semanas tralo lanzamento e sucedéronse sen problema ata maio de 2000, en que o programa se deu por finalizado. En agosto de 2000 foi movido a unha posición a 105,2 graos de lonxitude oeste e foi desactivado definitivamente o 28 de abril de 2004 miniatura|O ACTS pregado e acoplado ó foguete (en primeiro plano) que o levaría á órbita xeoestacionaria, tras ser soltados desde a bodega de carga do transbordador Discovery.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do ACTS
Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América