miniatura|350px|dereita|Equipo do Olimpia antes dun encontro da Copa Libertadores 2002. O Club Olimpia é unha entidade deportiva e social de Asunción, en Paraguai, cuxa sección de fútbol é a máis salientable. O club foi fundado en 1902, e nos seus 109 anos de historia ten acadado máis títulos que ningún outro club deportivo do país, tanto a nivel nacional como continental. Das 6 finais da Copa Libertadores que ten disputado, gañou 3, en 1979, 1990 e 2002, o cal fai deste club un dos máis laureados do continente suramericano. A súa rivalidade co Cerro Porteño é de longo a máis importante do fútbol de Paraguai. Palmarés Títulos nacionais Primeira División de Paraguai (38) = 1912, 1914, 1916, 1925, 1927, 1928, 1929, 1931. 1936, 1937, 1938, 1947, 1948, 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1965, 1968, 1971, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000 Títulos continentais Copa Libertadores (3) = 1979, 1990, 2002 Copa Intercontinental (1) = 1979 Recopa Suramericana (2) = 1991, 2003 Copa Interamericana (1) = 1980 Supercopa Suramericana (1) = 1990 Estadio O Club Olimpia xoga os seus encontros como local no Estadio Manuel Ferreira, da súa propiedade, construído en 1965, e que ten capacidade para acoller 15.000 seareiros. Anunciouse unha reforma do estadio para que no futuro poida acoller ata 42.000 persoas nas súas bancadas.
Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores Ligazóns externas Páxina oficial do Club Olimpia
Categoría:Equipos de fútbol de Paraguai Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1902