Jesús 'Suso' Moure Vieiro, nado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1961, é un exfutbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de Dianteiro.
Traxectoria Xogador Foi xogador da SD Compostela entre 1991 e 1995, conseguindo debutar en Primeira División co club santiagués na tempada 1994–95, na que participou en 18 partidos e anotou 2 goles.
Adestrador Na tempada 2005–06 foi adestrador do CD Estradense da Preferente Autonómica.
Dirixiu ao CCD Cerceda en Terceira nas tempadas 2008/09 e 2009/10, sendo despedido na última delas en maio pese a estar 2°clasificado a falta dun partido para a eliminatoria de ascenso a Segunda División B, sendo substituído por Nacho.
En novembro de 2010 anunciouse a Moure como substituto de Tono Ínsua no Santiago de Compostela CF, de Preferente Autonómica, para a tempada 2010–11.
No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo SD Grixoa da Preferente Autonómica, en substitución de Chus Baleato. Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Terceira. En novembro de 2013 foi destituído despois de non sumar ningunha vitoria nos primeiros 12 encontros de Terceira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1961 Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD Estradense Categoría:Adestradores do CCD Cerceda Categoría:Adestradores do Santiago de Compostela CF Categoría:Adestradores do SD Grixoa