miniatura|Mika Häkkinen en Hockenheimring, Alemaña, co seu AMG-Mercedes SLK 55. miniatura|Mika Häkkinen no Gran Premio do Canadá de 1999, o cal gañou. Mika Pauli Häkkinen, nado en Vantaa, Finlandia o 28 de setembro de 1968, é un piloto finlandés de carreiras que foi Campión do Mundo de Fórmula 1 en 1998 e 1999. Está retirado da alta competición, aínda que competiu ata 2007 no Campionato Alemán de Turismos.
Biografía Como a maioría dos pilotos campións, correu en kartings desde os 5 anos, gañando unha sucesión de campionatos rexionais e nacionais antes de pasar a fórmulas maiores. Chamou a atención dos adestradores cando gañou o campionato Británico de Fórmula 3 en 1990, Mika uniuse ao equipo de F1 Lotus en 1991.
En 1993 chega a McLaren da man do seu patrón Ron Dennis, sendo probador do equipo durante o primeiro ano. Tras a marcha de Michael Andretti aos Estados Unidos, Mika accedeu á titularidade do equipo, onde acadou o seu primeiro podio aos mandos dun McLaren con motor Ford, a finais de , compartindo equipo co mítico Ayrton Senna.
En , no transcurso dunha sesión de adestramentos no circuíto australiano de Adelaida, o seu McLaren Mercedes rebentou unha roda impactando frontalmente contra un muro. As asistencias sanitarias tiveron que practicarlle unha traqueotomía de urxencia salvándolle a vida. Tras recuperarse do coma no que entrou, volveu aos circuítos máis combativo que nunca, forxando ao mesmo tempo unha excelente relación afectiva co seu patrón, Ron Dennis.
En gaña o seu primeiro Gran Premio, en Xerez, e nos dous seguintes anos, e , logrou inscribir o seu nome nos libros de historia ao proclamarse Campión de F1.
Logo de loitar contra o Ferrari de Michael Schumacher en e , onde a escuadra italiana traballou mellor, Häkkinen tomouse a tempada "sabática", pero anunciou a súa retirada permanente durante ese ano, cedendo o seu posto ao seu compatriota Kimi Räikkönen.
En 2003 rompe a súa relación profesional co seu preparador de toda a vida, Keke Rosberg.
En 2005 conduce un AMG-Mercedes SLK 55 H.W.A. GmbH no campionato Alemán de Turismos (DTM), logrando subirse ao podio en varias ocasións, unha delas no máis alto, en Spa, Bélxica.
En 2006 volve repetir en DTM cun Mercedes. Neste mesmo ano, probaría novamente os mandos dun McLaren-Mercedes. Foi no circuíto español de Cataluña.
En 2007 repite na DTM cun Mercedes. Pero este ano será o último no que veremos a Mika Häkkinen ao volante dun coche de carreiras.
Do Grandísimo Mika Pauli Häkkinen sempre nos quedará o recordo dun gran piloto, prudente, respectuoso e todo un cabaleiro nas pistas. Quedaranos a imaxe do seu abandono en Monza, en , onde, tras un erro propio mentres ía na cabeza, saíuse da pista e rompeu a chorar nunha imaxe que deu a volta ao mundo. Quedaranos un dos mellores adiantamentos da historia da Fórmula 1, o que lle fixo a Michael Schumacher en Spa en , dobrando ao mesmo tempo a Ricardo Zonta, xuntándose os tres coches na pista ao final de recta.
De Mika quedaranos o recordo do seu alcume deportivo, o "finlandés voador".
Häkkinen estivo casado con Erja Honkanen, reside en Mónaco e teñen un fillo chamado Hugo e unha filla chamada Aina Julia.
A finais de 2007 ou principios de 2008, Mika divorciouse de Erja.
Actualmente, é embaixador da afamada marca de whisky Johnnie Walker, coa que realiza tarefas de concienciación do consumo responsable, sobre todo ao volante.
miniatura|Mika Häkkinen durante o Gran Premio dos Estados Unidos de 2000, que non podería acabar por problemas no motor.
Resultados completos na Fórmula 1
As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Posición Puntos Lotus USA Ret BRA 9 SMR 5 MON Ret CAN Ret MEX 9 FRA NSC RU 12 ALE Ret HUN 14 BEL Ret ITA 14 POR 14 ESP Ret XPN Ret AUS 19 17º 2 Lotus RSA 9 MEX 6 BRA 10 ESP Ret SMR NSC MON Ret CAN Ret FRA 4 RU 6 ALE Ret HUN 4 BEL 6 ITA Ret POR 5 XPN Ret AUS 7 8º 11 McLaren RSA NPP BRA NPP EUR NPP SMR NPP ESP NPP MON NPP CAN NPP FRA NPP RU NPP ALE NPP HUN NPP BEL NPP ITA NPP POR Ret XPN 3 AUS Ret 16º 4 McLaren BRA Ret PCF Ret SMR 3 MON Ret ESP Ret CAN Ret FRA Ret RU 3 ALE Ret HUN EX BEL 2 ITA 3 POR 3 EUR 3 XPN 7 AUS 12 4º 26 McLaren BRA 4 ARX Ret SMR 5 ESP Ret MON Ret CAN Ret FRA 7 RU Ret ALE Ret HUN Ret BEL Ret ITA 2 POR Ret EUR 8 PCF Lesapendicite XPN 2 AUS NTS 7º 17 McLaren AUS 5 BRA 4 ARX Ret EUR 8 SMR 8 MON 6 ESP 5 CAN 5 FRA 5 RU 3 ALE Ret HUN 4 BEL 3 ITA 3 POR Ret XPN 3 5º 31 McLaren AUS 3 BRA 4 ARX 5 SMR 6 MON Ret ESP 7 CAN Ret FRA Ret RU Ret ALE 3 HUN Ret BEL DSC ITA 9 AUT Ret LUX Ret XPN 4 EUR 1 6º 27 McLaren AUS 1 BRA 1 ARX 2 SMR Ret ESP 1 MON 1 CAN Ret FRA 3 RU 2 AUT 1 ALE 1 HUN 6 BEL Ret ITA 4 LUX 1 XPN 1 1º 100 McLaren AUS Ret BRA 1 SMR Ret MON 3 ESP 1 CAN 1 FRA 2 RU Ret AUT 3 ALE Ret HUN 1 BEL 2 ITA Ret EUR 5 MYS 3 XPN 1 1º 76 McLaren AUS Ret BRA Ret SMR 2 RU 2 ESP 1 EUR 2 MON 6 CAN 4 FRA 2 AUT 1 ALE 2 HUN 1 BEL 1 ITA 2 USA Ret XPN 2 MYS 4 2º 89 McLaren AUS Ret MYS 6 BRA NTS SMR 4 ESP 9 AUT Ret MON Ret CAN 3 EUR 6 FRA NTS RU 1 ALE Ret HUN 5 BEL 4 ITA Ret USA 1 XPN 4 5º 37
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.hakkinen.com FlyingFinn.de, Unofficial Fanwebsite {de} Mika Häkkinen Statistics Mika Häkkinen career details
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Finlandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Nados en Vantaa