The Bourne Identity é un filme estadounidense de espías dirixido por Doug Liman que se estreou no 2002. Baséase na novela homónima de Robert Ludlum. É o primeiro filme da serie de Bourne, seguida por The Bourne Supremacy (2004), e The Bourne Ultimatum (2007). O cuarto filme, The Bourne Legacy, está previsto para ser estreado en xullo de 2012.
Sinopse Un home amnésico é rescatado pola tripulación dun barco pesqueiro italiano cando flotaba á deriva no mar. Non leva nada consigo. Só as balas que leva cravadas nas costas e un número de conta dun banco suízo que leva adherido nos cadrís. Carece de identidade e de pasado, pero posúe unha serie de talentos extraordinarios en artes marciais e de autodefensa, ademais de falar varias linguas, que suxiren unha profesión de risco. Confuso e desorientado, emprende unha frenética busca para descubrir quen é e por que a súa vida cambiou repentinamente.
Personaxes Matt Damon como Jason Bourne Franka Potente como Marie Helena Kreutz Brian Cox como Ward Abbott Julia Stiles como Nicolette Parsons Chris Cooper como Alexander Conklin Clive Owen como O Mestre Adewale Akinnuoye-Agbaje como Nykwana Wombosi Gabriel Mann como Daniel Zorn Tim Dutton como Eamon Nicky Naude como Castel Russell Levy como Manheim David Selburg como Marshall Vincent Franklin como Rawlins Harry Gilbert como Alain Katie Thynne como Claudia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Doug Liman Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes de espionaxe Categoría:Filmes sobre amnesia