Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey é un filme biográfico dirixido por Michael Apted que se estreou en 1988. Baséase na vida da naturalista Dian Fossey e o seu traballo sobre os Gorilla beringei beringei en Ruanda.
Sinopse Dian Fossey chega a África para confeccionar un censo sobre unha especie en perigo de extinción: o Gorilla beringei beringei. Acompañada por un rastrexador nativo comeza o seu traballo e queda fascinada pola vida deses animais, ós que non teme achegarse para estudar o seu comportamento. Entre Dian e os gorilas chega a establecerse unha relación afectiva. No seu afán por protexer a especie, a Doutora Fossey terá serios problemas coas autoridades e os cazadores furtivos, que venden as crías ós zoolóxicos e matan os adultos para a fabricación de souvenirs.
Personaxes Sigourney Weaver como Dian Fossey Bryan Brown como Bob Campbell Julie Harris como Roz Carr John Omirah Miluwi como Sembagare Iain Cuthbertson como Doutor Louis Leakey Constantin Alexandrov como Van Veeten Iain Glen como Brendan
Galardóns e nomeamentos 1988: 5 nomeamentos ó Oscar: mellor actriz (Sigourney Weaver), guión adaptado, montaxe, banda sonora e son.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dian Fossey Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Apted Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en Ruanda Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes rodados en Ruanda Categoría:Filmes rodados en Kenya Categoría:Filmes rodados na República Democrática do Congo