The Ghost and the Darkness é un filme dirixido por Stephen Hopkins que se estreou en 1996. Está protagonizado por Michael Douglas e Val Kilmer e o guión foi escrito por William Goldman. O filme é unha adaptación ficticia dos feitos reais que aconteceron en 1898 en Tsavo, Kenya, onde dous leóns devoradores de homes atacaron e mataron traballadores durante a construción do tren que conectaría Mombasa con Uganda no ano 1898.

O filme recibiu unha resposta dividida da crítica, mais gañou o Oscar á mellor edición de son.

Sinopse miniatura|dereita|275px|Os devoradores de homes de Tsavo nunha reprodución do Field Museum of Natural History de Chicago, Illinois. A finais da década de 1890, a chegada do enxeñeiro John Patterson (Val Kilmer) a terras africanas acelera a construción do ferrocarril. Ademais, os traballadores africanos considérano un heroe, dende que Patterson cazase un león dun só tiro, algo que só foi quen de facer o lendario cazador Charles Remington (Michael Douglas). Cando parece que as obras van encamiñadas, fan acto de presenza Pantasma e Escuridade, dous leóns devoradores de homes. Entón Patterson e Remington deberán unirse para poder acabar con eles.

Personaxes Actor Papel Michael Douglas Charles Remington Val Kilmer Coronel John Henry Patterson John Kani Samuel Bernard Hill Doutor David Hawthorne Tom Wilkinson Robert Beaumont Brian McCardie Angus Starling Emily Mortimer Helena Patterson Om Puri Abdullah Henry Cele Mahina

Galardóns e nomeamentos 1996: Oscar: Mellores efectos de son.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Hopkins Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes ambientados en 1898 Categoría:Filmes ambientados en Kenya Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes sobre leóns