Cristina Picos Villar, nada en San Martiño do Porto (Cabanas) o 17 de outubro de 1925 e finada na Coruña o 19 de agosto de 2011, foi unha mestra e escritora galega, coñecida como Cristina Amenedo.
Traxectoria Estudou para mestra na Coruña e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu o ensino ao longo da súa carreira.
Comezou a escribir durante o franquismo, cando publicou artigos e poemas en xornais e revistas literarias como La Noche, El Correo Gallego, Galicia Emigrante, Galicia en Madrid, Alforja, La Voz de Galicia, ou El Ideal Gallego. A partir de 1983, cando publicou Mar aberto, simultaneou o galego e o castelán na súa escrita.
Obtivo diversos galardóns menores, como o Premio Manos Unidas en tres ocasións, o Premio Juan Ramón Jiménez por unha obra de homenaxe ao autor andaluz ou o Premio Pérez Lugín.
A polémica do artigo "La españolización de Galicia" O 14 de xuño de 1964, Cristina Amenedo publicou en La Voz de Galicia o artigo "La españolización de Galicia" que xerou unha gran polémica. Tras poñer varios exemplos críticos e inzados de prexuízos lingüísticos relativos ao emprego público da lingua galega, á que coida un dialecto, e dar a coñecer as queixas de mestras sobre o monolingüísmo do alumnado, afirmaba:
Desde Bos Aires, Luis Seoane respondeulle duramente a través do programa Galicia Emigrante emitido por Radio Libertad. O 18 de xullo de 1964, Pedro de Llano, alias "Bocelo", director de La Voz de Galicia, escribiu en apoio de Cristina Amenedo o artigo "Un tema difícil: nuestro idioma". Nesta polémica tamén interviron con duras críticas á autora Isaac Díaz Pardo, Manuel Lorenzo Freire-Calvelo, Victoria Armesto e Celso Emilio Ferreiro. Celso Emilio Ferreiro publicou na primeira páxina do Faro de Vigo, dirixido por Álvaro Cunqueiro, unha contestación paródica titulada "Doña Pedagoga Supina Vesouqué". O 10 de xullo de 1965, Cristina Amenedo publicou un novo artigo en La Voz de Galicia co título "La españolización de Galicia" co fin de puntualizar a intepretación do seu anterior artigo e dar resposta á polémica xerada e provocada por "algunas mentalidades, con una apreciación escasa":
Obra Poesía La niña Saral, balada elegíaca (1979). Mar aberto (1983). Silvo de vento mareiro (1988). Con el tiempo y el silencio (1992). Playa sorlinga (1992). Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza (1997). Corazón al viento: poemas en castellano y poemas en gallego (1997).
Novela e ensaio Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal (1981). Jerónimo Emiliani. Un somasco divino (1985). Galicia, ruta de la espiritualidad (1993). Jesús el galileo, una doctrina impar (1996). Vivir siempre en despedida (1996).
Vida persoal Colleu o pseudónimo do apelido do seu home, Fernando Amenedo. Foi soterrada en Franza (Mugardos).
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela