La fe de Manuela é un dúo musical galego composto por Raúl Reina e Abel Montoto.
Traxectoria Raúl Fernández Reina, nado en Madrid de familia luguesa, como Abel Montoto, do CorpiñoEcos dezanos para la serpiente multicolor, Faro de Vigo, 1/7/2011. formáronse respectivamente nas actuacións das orquestras de música lixeira, onde traballaron diversos anos. Montoto foi un dos impulsores da orquestra Nebraska e integrou SL América. Reina formou parte das orquestras Bulevard, Ledicia, Pacífico e a partir de 2006 foi o cantante principal da Charlestong Big Band. Despois fichou por Marimba e logo, en 2009, pola Solara 2010Raúl Reina ficha por orquesta SOLARA 2010 , Orquestas y fiestas, blog do mundo das orquestras, 2009.. En 2008 Raúl e Abel fundan o grupo Hevel e Rayel, co que sacan o seu primeiro álbum, cantado en galego.
En 2011 mudan o nome polo de La fe de Manuela. Este nome débenllo á confianza que unha tía de Abel, de nome Manuela, tiña en que chegarían lonxeDos "curritos de toda la vida" para la canción de la Vuelta, El País, 31/08/2011.. Con este nome prepararon un segundo en castelán en 2011, onde estaba incluída a peza, Como yo, interpretada por eles e composta polo seu produtor, Ernesto Teruel, escollida como a canción oficial da Volta a España 2011.
Discografía Move, move (2008). Rompecabezas (previsto para 2011).
Notas
Véxase tamén Perfil do grupo na rede Facebook.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de pop