O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) é un festival que se celebra no Centro Social do Mar de Bueu no mes de setembro.

Percorrido O festival naceu en 2008 coa intención de crear un novo portal para a difusión de curtametraxes, así como un lugar de encontro para afeccionados á sétima arte. A súa filosofía é aumentar a promoción das curtametraxes por mor da escasa difusión pública que estas teñen. Malia que a produción galega e nacional ten unha presenza importante, préstaselle unha especial atención á produción europea, latinoamericana e mundial, tratando de potenciar a diversidade cultural do festival. É por isto que no se establece ningún tipo de restrición en canto a xénero, duración ou idioma, aínda que se adoita premiar á orixinalidade e á procura de novas fórmulas de expresión á hora de confeccionar a programación do festival. De 2008 a 2010 foi organizado principalmente pola produtora Melodía visual coa colaboración do concello de Bueu, Fundación Novas e outros patrocinadores (en 2010 recibiu patrocinio especial da Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2010). No 2011 a organización principal pasou a ser o propio concello de Bueu, mentres que Melodía visual pasa a ser produtora.

Dende 2016 a organización do festival está en mans da Asociación Cinematográfica de Galicia FICBUEU.

Polo FICBUEU teñen pasado curtas dirixidas ou interpretadas por artistas coñecidos do panorama nacional como Javier Veiga, Manuela Vellés, Leticia Dolera, Ciro Altabás, Miguel Ángel Jenner, Pilar Bardem, Carolina Bang, Alex O’Dogherty ou Nacho Vigalondo.

Palmarés 2011 Primeiro premio: Silent River, de Anca Miruna Lazarescu (Alemaña/Romanía) Segundo premio: Esterhazy, de Izabela Pluscinska (Polonia) Mellor curta galega: De qué se ríen las hienas, de Javier Veiga Premio do público: Dúas letras, de Eloy Varela Mellor dirección: Anca Miruna Lazarescu por Silent River Mellor guión: Izabela Pluscinska e Anna Jadowska por Esterhazy Mellor actriz: Valentina Cottet por Nena Mellor actor: ex aequo Cuzin Toma e Andi Vasluianu por Silent River Mellor fotografía: Sofian El Fani por Garagouz Mellor dirección artística: Agata Rojek (‘EsterhazyMellor montaxe: Dan Olteanu por Silent RiverMellor música: Antonio Remache por Tres razonesMellor son: Thorsten Bolzé e Attila Makai por Silent RiverMellor vestiario: Chouchane Abello por Le PianoMellor maquillaxe/peiteado: Ester Mann e Ani Hamel por Le Piano2010 Primeiro premio: Pablo, de Nely Reguera Segundo premio: Cannon beach, de Manuel Calvo Premio do público: La historia de siempre, de José Luis Montesinos Mellor curta galega: O soldadiño de Chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde. Mellor dirección: Kristof Hoornaert por KaïnMellor actriz: Laura de la Uz por Los minutos, las horasMellor actor: Pablo Derqui por PabloMellor guión: Nely Reguera por PabloMellor fotografía: Chaiyapreuk Chalermpornpanich por Tapien Rim KlongMellor montaxe: Vladimir Andonov por Stanka se pribira vkashtiMellor son: Daniela Bassani e Stefano Grosso por RitaMellor música: Oliver Kracht por WeightlessMellor dirección artística: Íñigo Navarro por YanindaraMellor vestiario: Julia Buckmiller e Bárbara Kloos por WeightlessMellor maquillaxe e peiteado: David Ambit e Eva Fontenla por Lo Siento, te quiero2009 Primeiro premio: Homeland, de Juan de Dios Marfil Atienza Segundo premio: El tiempo prestado, de David González Rudiez Premio do público: Manual práctico del amigo imaginario, de Ciro Altabás Fernández Mención especial do xurado: Love, de Biel Mauri Pou Premio á mellor curta galega: Por la mañana, de Toño Chouza Mellor guión: Sergio Barrejón e Nacho Vigalondo por El encargadoMellor dirección: David González por El tiempo prestadoMellor elenco: Bruno Bergonzini, Jordi Gràcia, Clara Segura e Alena Villaronga por LoveMellor fotografía: Jordi Hernández por LoveMellor dirección artística: Ángel Boyano e Nino Morante por El mal de SchneiderMellor vestiario: Ariadna Paniagua por El mal de SchneiderMellor maquillaxe /barbaría: Isabel Auernheimer e Mayte González por El mal de SchneiderMellor son: Antonio Bejerano, Jonathan Darch e Jordi Juncadella por ReacciónMellor montaxe: Isaac Berrokal por Today is SundayMellor música: Juan de Dios Marfil por Homeland2008 Mellor curtametraxe: Save the world, de David Casals-Roma Premio especial do xurado: El ataque de los robots de Nebulosa-5, de Chema García Premio do público: Niños que nunca existieron, de David Valero Mellor curtametraxe galega: Leo, de Fernando Cortizo Mellor dirección: David Casals-Roma por Save the WorldMellor guión: Luis Alejandro Berdejo por For(r)est in the des(s)ertMellor actriz: Myriam Espinoza por ElenaMellor actor: Dani Castellá por Jingle BellsMellor fotografía: Enrique Vasalo por Niños que nunca existieronMellor dirección artística: Miguel López e Elena Nájar por Villa OlvidadaMellor vestiario: Jesús Lesta por CoresMellor maquillaxe / barbaría: Tamara Puertas e Silvia Carrasco por Jingle BellsMellor son: Jose Luis Vázquez por Niños que nunca existieronMellor montaxe: Michael Shark e Toby Robertson por Save the WorldMellor música: Jorge Alberto Sánchez por Empty Spaces''

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do festival www.ficbueu.com

Categoría:Bueu Categoría:Festivais de cinema de Galicia