miniatura|Animación na que se aprecian os diferentes criterios de clasificación dos continentes. Segundo o criterio, Eurasia pódese dividir en Europa e Asia, mentres que América pódese separar en América do Norte e América do Sur. dereita|miniatura|Mapa físico da Terra Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.

O feito de que a definición de continente sexa pouco clara deu lugar á existencia de diferentes modelos, con diferente número de continentes que varía de catro a sete. Así mesmo, estes modelos foron cambiando ao longo da historia coa descuberta de novos territorios.

Na súa acepción máis estendida, a zona continental tamén inclúe as illas situadas a pouca distancias das costas continentais. Dende un punto de visto científico, os continentes inclúen as illas que se atopan nas placas tectónicas, como por exemplo a illa de Madagascar pertence a África.

Modelos continentais Localización de continentes center|300px<center>Mapa amosando o modelo de sete continentes.4 continentes<center><small>   <span style="background: #c10000;">   </span>   </small> Eurafrasia<center>       América<center>    Antártida<center>    Oceanía5 continentesLos Cinco Continentes (Os cinco continentes), Planeta-De Agostini Editions, 1997. ISBN 84-395-6054-0<center>    África<center>       Eurasia<center>       América<center>    Antártida<center>    Oceanía6 continentes<center>    África<center>    Europa<center>    Asia<center>       América<center>    Antártida<center>    Oceanía6 continentes<center>    África<center>       Eurasia<center>    América do Norte<center>    América do Sur<center>    Antártida<center>    Oceanía7 continentesWorld, National Geographic - Xpeditions Atlas. 2006. Washington, DC: National Geographic Society."Continent". Encyclopædia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc.The New Oxford Dictionary of English. 2001. New York: Oxford University Press."Continent ". MSN Encarta Online Encyclopedia 2006.. 2009-10-31."Continent". McArthur, Tom, ed. 1992. The Oxford Companion to the English Language. New York: Oxford University Press; p. 260.<center>    África<center>    Europa<center>    Asia<center>    América do Norte<center>    América do Sur<center>    Antártida<center>    Oceanía*<center><small>   <span style="background: #c10000;">   </span>   </small> Vello Mundo<center>       Novo Mundo

miniatura|upright En realidade non existe unha única forma de fixar o número de continentes e depende de cada área cultural determinar se dúas grandes masas de terra unidas forman un ou dous continentes, e en concreto, decidir os límites entre Europa e Asia (Eurasia) por unha banda e América do Norte e América do Sur (América) por outra. Os principais modelos son os seguintes:

4 continentes:"Continent". The Columbia Encyclopedia. 2001. New York: Columbia University Press - Bartleby.Océano Uno, Diccionario Enciclopédico y Atlas Mundial, "Continente", pp. 392, 1730. ISBN 84-494-0188-7 algúns suxiren que Europa, África e Asia deberían conformar un único continente chamado Eurafrasia ou Afroeurasia. Este modelo baséase nunha definición estrita de continente como unha área de terra continua, onde fronteiras artificiais como as canles de Suez e Panamá non serían verdadeiras barreiras intercontinentais.

5 continentes:Van Loon's Geography: The Story of the World We Live In, 1932, Simon and Schuster modelo que inclúe só os continentes habitados (excluíndo a Antártida), que son os representados nos 5 aneis do logotipo olímpico.The Olympic symbols. International Olympic Committee. 2002. Lausanne: Olympic Museum and Studies Centre. The five rings of the Olympic logo represent the five inhabited, participating continents (Africa, America, Asia, Europe, and Oceania); thus, Antarctica is excluded from the flag. Also see Association of National Olympic Committees: Este é o modelo que usa a ONU.UN. Composition of macro geographical (continental) regions, geographical sub-regions, and selected economic and other groupings

6 continentes (modelo tradicional): ao modelo típico de cinco continentes agregóuselle a Antártida. Este modelo é de uso común en América Latina, as ex colonias francesas, nas ex colonias portuguesas, nos países europeos en que se falan linguas romances (España, Portugal, Italia, Francia, Romanía, Bélxica, Mónaco, San Marino, Vaticano e Andorra) e en Grecia.

6 continentes (modelo xeolóxico): garda unha relación aproximada coas placas tectónicas continentais, polo que Europa e Asia forman un só continente denominado Eurasia e en cambio América está dividida en dous continentes (América do Norte e América do Sur). É o modelo preferido pola comunidade xeográfica dos países da antiga Unión Soviética, Europa Oriental e por Xapón.

7 continentes:The World - Continents, Atlas of Canada" modelo convencional utilizado habitualmente nos países de fala inglesa, nos países europeos en que se falan linguas xermánicas, en India, Paquistán, Filipinas e China. O concepto Oceanía adóitase substituír polo de continente australiano e América Central está incluída dentro do continente de América do Norte baixo este criterio. Este modelo é usado por varias entidades internacionais, como a FIFA.

Na Península Ibérica emprégase o seguinte modelo de seis continentes: África: Separado de Asia polo istmo de Suez, en Exipto, e bañado polo océano Atlántico (ao oeste) e o océano Índico (ao leste) América: Xeralmente considérase dividido en dous subcontinentes: América do Norte e América do Sur, e aínda América central, istmo entre os dous anteriores. Está limitado polo océano Atlántico ao leste, o océano Pacífico ao oeste, o océano Glacial Ártico ao norte e o océano Glacial Antártico no extremo sur. Asia: Separado claramente de África polo estreito de Suez. Os seus límites con Europa son máis imprecisos, chegando a considerarse Europa tan só como unha parte do macrocontinente Eurasia. Considerado como Eurasia, é bañado por todos os océanos do planeta. Europa: Porción de Eurasia, considerado un continente debido ás súas características históricas que o diferencian claramente de Asia. Oceanía: Continente que abrangue Australia e os milleiros de illas espalladas polo océano Pacífico. Os seus límites con Asia non están moi definidos. Antártida: Extensa porción de terra que ocupa a parte máis meridional do planeta. Está rodeada polo océano Glacial Antártico.

Superficie e poboación miniatura|500px|Comparación da superficie dos continentes (por decenas de millóns de quilómetros cadrados) e a poboación (por billóns de persoas)

A seguinte táboa recolle os datos de superficie e poboación de cada continente empregando o modelo de setes continentes, ordenados de maior a menor por superficie.

Continente Superficie (km²) Porcentaxe dasuperficie terreste Poboación (2013) Porcentaxe dapoboación total Densidade Persoas porkm² Cidades máis poboadas (lista completa) Asia 43 820 000 29,5% 4 298 723.000 60% 98,09 Shanghai, China África 30 370 000 20.4% 1 110 635.000 15% 36,57 Lagos, Nixeria América do Norte 24 490 000 16.5% 565 265 000 8% 23,08 Cidade de México, México América do Sur 17 840 000 12.0% 406 740 000 6% 22,79 São Paulo, Brasil Antártida 13 720 000 9.2% (Non permanente) 4.490 0% 0.0003 Estación McMurdo, Estados Unidos Europa 10 180 000 6.8% 742 452 000 11% 72,93 Moscova, Rusia Oceanía 9 008 500 5.9% 38 304 000 0.4% 4,25 Sydney, Australia

O total da superficie de tódolos continentes é de 148 647 000 km², que supón o 29.1% de toda a superficie terrestre (510 067 420 km²). No 2013 estimouse que a poboación total de tódolos continentes era de 7 162 119.000. Historia do concepto As primeiras definicións

thumb|esquerda|upright|O xeógrafo grego Estrabón, sostendo un globo no que pode lerse Europa e Asia

A primeira distinción semellante ao concepto de continente foi feita polos antigos navegantes gregos, que deron o nome de Europa e Asia ás terras localizadas a ambos os dous lados da extensión de auga que formaban o mar Exeo, o estreito dos Dardanelos, o mar de Mármara, o Bósforo e o mar Negro.Toynbee, Arnold J. (1954). A Study of History. London: Oxford University Press, v. 8, pp. 711-12. Eses nomes empregáronse en principio para designar ás terras próximas á costa, e só despois estendeuse o seu uso ao interior do país.(en inglés) Os pensadores da Grecia antiga debateron a continuación se África (entón chamada Libia) debería ser considerada como unha parte de Asia ou como unha terceira parte independente do mundo e finalmente impúxose a división da Terra en tres partes. Desde a perspectiva grega, o mar Exeo era o centro do mundo, con Asia ao leste, Europa ao oeste e ao norte, e África ao sur.(en inglés)

Os límites entre os continentes non quedaron fixados. Desde o principio, a fronteira de Europa con Asia foi tomada partindo do mar Negro ao longo do río Rioni (coñecido entón como Phasis) en Xeorxia. Máis tarde, considerouse que a fronteira ía desde o mar Negro polo estreito de Kerch, o mar de Azov e o río Don (chamado entón Tanais), en Rusia.

O río Nilo considerouse xeralmente desde a antigüidade como a fronteira entre Asia e África. Heródoto,(en inglés) Heródoto. Traducido por George Rawlinson (2000). The Histories of Herodotus of Halicarnassus . Ames, Iowa: Omphaloskepsis, libro 2, p. 18. no século V antes de Cristo, con todo, xa se opoñía a esta situación, que emprazaba Exipto dacabalo entre dous continentes, e facía coincidir o límite entre Asia e África coa fronteira occidental de Exipto, deixando Exipto en Asia. Tamén cuestionou a división en tres do que era en realidade unha soa terra continua,(en inglés) Herodoto. Traducido por George Rawlinson (2000). The Histories of Herodotus of Halicarnassus . Ames, Iowa: Omphaloskepsis, livre 4, p. 38. «Non podo concibir por que tres nomees... deberían ser dados a un tratado que é en realidade uno...». un debate que continúa case dous milenios e medio máis tarde. miniatura|upright|O exemplo máis antigo coñecido de mapa de T en O, mostrando os 3 continentes como os dominios dos fillos de Noé: Sem, Iafet e Cam (o gravado acompaña unha edición de 1472 da obra Etymologiae de Isidoro de Sevilla) Eratóstenes, no século III antes de Cristo, sinalou que algúns xeógrafos dividían os continentes seguindo os ríos (o Nilo e o Don), considerándoos polo tanto como «illas», mentres que outros os dividían por istmos, sendo así que entón serían «penínsulas». Estes xeógrafos fixaban a fronteira entre Europa e Asia no istmo entre o mar Negro e o mar Caspio e a fronteira entre Asia e África, no istmo entre o mar Vermello e a desembocadura do lago Bardawil no mar Mediterráneo.(en inglés) Estrabón. Traducido por Horace Leonard Jones (1917). Geography. Harvard University Press, libro 1, cap. 4.

Na época romana e na Idade Media, algúns escritores tomaron o istmo de Suez como o límite entre Asia e África, pero a maioría dos autores seguiron considerando que o río Nilo, ou a fronteira occidental de Exipto, eran o límite entre continentes. Na Idade Media, o mundo representábase nun mapa de T en O, coa T aludindo ás augas da división dos tres continentes. As expedicións europeas na era dos descubrimentos