O océano Índico (en árabe, Bahr al-Hind) é a parte do océano mundial da Terra que baña as costas de África do Leste, Oriente Medio, Asia do Sur e Australia. É o terceiro océano máis grande por superficie e cobre aproximadamente o 20 % da superficie do planeta. Delimita co océano Atlántico polo meridiano 20° leste (cabo Agullas), co Pacífico polo meridiano 147° leste e co Antártico polo paralelo 60° sur. O punto máis setentrional do Índico está aproximadamente a 30° norte de latitude no golfo Pérsico. O océano mide aproximadamente 10 000 km de ancho entre as puntas sur de África e Australia; a súa área é 68 556 000 km², incluíndo o mar Vermello e o golfo Pérsico. O volume deste océano estimase en 292 131 000 km³.
As nacións insulares do océano son Madagascar (cuarta illa máis grande do mundo), Comores, Seychelles, Maldivas, Mauricio, e Sri Lanka; Indonesia bordéao. Serve como un ruta de tránsito entre Asia e África o que o converteu nun foco de conflitos. De todas as maneiras, ningunha nación dominouno con éxito ata os inicios do século XIX cando os ingleses colonizaron a maioría da terra perimetral. O Índico foi chamado así porque baña as costas da India.Anand Mathur,Indo-American relations: foreign policy orientations and perspectives of P.V. Narasimha Rao and Bill Clinton, p. 138 "India occupies the central position in the Indian- Ocean region that is why the Ocean was named after India"Ferenc Albert Váli,Politics of the Indian Ocean region: the balances of power, p. 25Hussain,Geography Of India For Civil Ser Exam, p. 12-251; "India and the geo-politics of the Indian Ocean"(16-33) Etimoloxía
O océano Índico coñécese co seu nome actual polo menos desde 1515, cando se testemuña a forma latina Oceanus Orientalis Indicus ("océano Índico Oriental"), chamado así pola India, que se proxecta nel. Anteriormente coñecíaselle como océano Oriental, termo que aínda se utilizaba a mediados do século XVIII (véxase o mapa), en contraposición ao océano Occidental (Atlántico) antes de que se conxecturase o Pacífico.
Pola contra, os exploradores chineses do océano Índico durante o século XV chamábano océano Occidental. O océano tamén foi coñecido como océano Hindú e océano Índico en varios idiomas.
Na xeografía da antiga Grecia, a rexión do océano Índico coñecida polos gregos chamábase mar de Eritrea.
Historia miniatura|As economicamente importantes Ruta da Seda (vermello) e rutas comerciais das especias (azul) foron bloqueadas polo Imperio Otomán cara 1453 coa caída do Imperio Bizantino. Isto espoleó a exploración e atopouse unha nova ruta marítima ao redor de África , feito que provocou a era dos descubrimentos. miniatura|Mapa do Periplo do Mar Eritreo miniatura|Carta do océano Índico do século XVII As primeiras civilizacións do mundo desenvolvéronse ao redor do océano Índico, ao longo dos vales dos ríos Tigris e Éufrates, Nilo e Indo: en Mesopotamia (comezando con Sumeria), no antigo Exipto e no subcontinente indio (comezando coa civilización do val do Indo). Outras civilizacións tamén xurdiron en Persia (a partir do antigo Imperio Elamita), en Armenia (a partír do antigo Imperio Urartu) e posteriormente no sueste de Asia (a partir do antigo Reino de Funan).
Durante a primeira dinastía de Exipto (ca. 3000 a.C.) xa se enviaron expedicións a navegar polo Índico, viaxando ata Punt, que se cre era parte da actual Somalia. Os barcos que regresaban traían ouro e mirra. O primeiro exemplo coñecido de comercio entre Mesopotamia e o val do Indo (ca. 2500 a.C.) desenvolveuse ao longo do Índico. É posible que os fenicios de finais do III milenio a. C. entrasen tamén na zona, pero non deixaron asentamentos.
O Índico é un mar bastante tranquilo, e grazas a iso abriuse ao comercio antes que o Atlántico ou o Pacífico. O cedo coñecemento dos monzóns tamén fixo posible a súa navegación: cara ao oeste ao principio da época dos monzóns, e logo, tras esperar uns meses, de regreso cara ao leste. Isto permitiu aos pobos de Indonesia cruzar o Índico para establecerse en Madagascar.
No século II a. C. ou século I a. C., Eudoxo de Cícico foi o primeiro grego coñecido en lograr cruzar o Índico, navegando ata a India. De Hippalus dise que descubriría a ruta directa desde Arabia ata a India ao redor desta época. Durante o século I e II a.C. desenvolvéronse relacións comerciais intensivas entre o Exipto romano e os reinos Tamil dos Cheras, Cholas e Pandyas do sur da India. Do mesmo xeito que os anteriores pobos indonesios, os mariñeiros occidentais utilizaron o monzón para cruzar o océano. O descoñecido autor do Periplo do Mar Eritreo, que se cre se escribiu entre o século I e o II, describe esta ruta e os portos e mercadorías ao longo das costas de África e da India ao redor do ano 70 a. C.
De 1405 a 1433, o almirante chinés Zheng He conduciu grandes frotas da dinastía Ming en varias viaxes a través do océano Occidental (o nome chinés do Índico) e alcanzou os países costeiros da África oriental (véxase Zheng He para referencia).
En 1497, o navegante portugués Vasco da Gama logrou dobrar o cabo de Boa Esperanza e converteuse no primeiro europeo en navegar á India e máis tarde ao Afastado Oriente. Os barcos europeos, armados con pesados canóns, rapidamente dominaron o comercio. Portugal intentou lograr preeminencia establecendo fortes nos estreitos e portos importantes e dominou o comercio e o descubrimento ao longo das costas de África e Asia ata mediados do século XVII. Máis tarde, os portugueses foron desprazados por outras potencias europeas. A Compañía Holandesa das Indias Orientais (1602-1798) buscou o control do comercio con Oriente a través do Índico. Francia e Gran Bretaña estableceron compañías de comercio na zona e España estableceu unha importante operación comercial en Filipinas e o Pacífico. Cara a 1815, Gran Bretaña converteuse na principal potencia no Índico.
A apertura do canal de Suez en 1869 reviviu o interese europeo no leste, pero ningunha nación tivo éxito en establecer o dominio do comercio. Desde a segunda guerra mundial o Reino Unido viuse obrigado a retirarse da zona, sendo substituído pola India, a Unión Soviética e os Estados Unidos. Os dous últimos trataron de establecer a súa hexemonía negociando sitios para as súas bases navais. Os países en desenvolvemento que bordeaban o océano, con todo, trataron de que fora unha «zona de paz» para que se puidesen utilizar libremente as súas rutas de navegación. O Reino Unido e os Estados Unidos manteñen unha base militar no Atol Diego García no medio do océano Índico. Breve cronoloxía da exploración Os feitos máis destacados na exploración e navegación do Índico, principalmente para os occidentais, son: século II a.C.: o grego Eudoxo de Cícico viaxa á India por vía marítima. O xeógrafo Claudio Tolomeo, na mesma época, designouno co nome Indikon Pelagos (significa «mar da India»), e máis tarde Plinio o Vello nomeouno xa como Oceanus Indicus («Océano Índico»); século I-século IV: chegada á rexión dos primeiros austronesios, provenientes de Indonesia, en especial alcanzando a illa de Madagascar. Contactos coa África oriental onde se introducen plantas cultíxenas asiáticas (bananeira, taro, igname etc.); século VII: desenvolvemento do budismo nas illas de Sumatra e Xava. Viaxes de varios monxes budistas chineses, entre eles Yi Jing a India a través de ruta marítima; 860: unha inscrición de Xava menciona, nunha lista de domésticos, o nome de Jenggi, é dicir «Zeng», nome árabe dos habitantes da costa oriental de África; 945-46: o libro árabe Les Merveilles de l’Inde descrive arrivadas á costa de Mozambique de «un milleiro de embarcacións» feitas polos Waq-Waq que chegan de illas «situadas fronte á China» (é dicir, a actual Indonesia) buscando produtos e escravos; século IX: a dinastía Chola, na India meridional, conquista a illa de Ceilán e lanza expedicións contra o reino de Sriwijaya, na illa de Sumatra; século XIII: chegada dos persas shirazinos ao arquipélago das Comores; 1295: Marco Polo entra na China por vía marítima; século XIV: o marroquí Ibn Battuta, embaixador do sultanato de Delhi na China, visita Sumatra. O chinés Wang Dayuan fixo varias viaxes entre 1328 e 1339 que conducían a Arabia (despois a Exipto e a Marrocos) e á África oriental (ata a actual Tanzania)William Woodville Rockhill, Toung Pao (1915) Wang Dayuan (1328-1339) Daoyi Zhilue (Island Savages); 1400: fundación de Malacca na península malaia por un príncipe de Sumatra; 1421-22: Sexta viaxe do almirante chinés Zheng He alcanzando África oriental; 1488: Bartolomeu Dias supera o cabo de Boa Esperanza; 1497: Vasco da Gama vai ata a India; 1500: primeira chegada de europeos a Madagascar (Diogo Dias); : Descubrimento da illa de Reunión polo portugués Diogo Dias; 1510: Toma de Goa, na India, polos portugueses baixo o mando de Afonso de Albuquerque; 1511: conquista de Malaca por Albuquerque; 1770: o inglés James Cook chegou a Australia; 1772 : descubrimento das illas Kerguelen por Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec; 1820: descubrimento do continente antártico; 1869: apertura do canal de Suez;
Xeografía Extensión e límites As fronteiras do océano Índico, tal e como as delineó a Organización Hidrográfica Internacional (OHI) en 1953, incluían o océano Antártico pero non os mares marxinais ao longo do bordo norte, pero no ano 2000 a OHI delimitou o océano Antártico por separado, o que eliminou as augas ao sur dos 60°S do océano Índico pero incluíu os mares marxinais do norte. Meridionalmente, o océano Índico está delimitado do océano Atlántico polo meridiano de 20° leste, que vai cara ao sur desde o cabo Agullas, e do océano Pacífico polo meridiano de 146°49′L, que vai cara ao sur desde o punto máis meridional de Tasmania. A extensión máis setentrional do océano Índico, incluídos os mares marxinais, atópase aproximadamente nos 30° norte, no golfo Pérsico.
O océano Índico cobre 70 560 000 km², incluíndo o mar Vermello e o golfo Pérsico pero excluíndo o océano Antártico, ou o 19,5% dos océanos do mundo; o seu volume é de 264 000 000 km³ ou o 19,8% do volume dos océanos do mundo; ten unha profundidade media de 3741 m e unha profundidade máxima de 7906 m.
Todo o océano Índico atópase no hemisferio oriental e o seu centro, o meridiano 90° leste, pasa pola Dorsal do Meridiano Noventa Leste. Costas e plataformas A diferenza do Atlántico e do Pacífico, o océano Índico está rodeado por grandes masas continentais e un arquipélago en tres dos seus lados e non se estende de polo a polo. O seu centro é o subcontinente indio. Aínda que este subcontinente desempeñou un papel importante na súa historia, o océano Índico foi ante todo un escenario cosmopolita, que interrelacionou diversas rexións mediante innovacións, comercio e relixión desde os inicios da historia da humanidade.
As marxes activas do océano Índico teñen unha anchura media (distancia horizontal desde terra ata a ruptura da plataforma) de 19|+/- 0.61 km cunha anchura máxima de 175 km. As marxes pasivas teñen unha anchura media de 47.6|+/- 0.8 km. A anchura media dos noiros (distancia horizontal desde a ruptura da plataforma ata o pé do noiro) das plataformas continentais é de 50,4-52,4 km para as marxes activas e pasivas respectivamente, cunha anchura máxima de 205.3-255.2 km.
En correspondencia coa plataforma continental, tamén coñecida como zona bisagra, a anomalía de Bouguer oscila entre 0 e 30 mGals que é infrecuente para unha rexión continental duns 16 km de espesor de sedimentos. Expúxose a hipótese de que "a zona bisagra pode representar un vestixio da fronteira entre a cortiza continental e a cortiza protooceánica que se formou durante a separación da India coa Antártida".
Australia, Indonesia e a India son os tres países con costas máis extensas na zona económica exclusiva. A plataforma continental ocupa o 15% do océano Índico.