dereita|miniatura|Rosa en Galiza. miniatura|300px|Partes. A flor () (tamén chor en uso literario) é a estrutura reprodutiva característica das plantas chamadas espermatófitas ou fanerógamas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración e serven como o principal medio a través do cal as especies se perpetúan e propáganse esparexéndose ó longo da paisaxe.
Todas as espermatofitas posúen flores que producirán sementes, pero a organización interna da flor é moi diferente nos dous principais grupos de espermatofitas: as ximnospermas viventes e as anxiospermas. As ximnospermas poden posuír flores que se reúnen en estróbilos, ou ben a mesma flor pode ser un estróbilo de follas fértiles.Só se consideran flores ás flores de anxiospermas (que ancestralmente posúen verticilos ou espirais ordenados de sáibaos, pétalos, estames e carpelos, e posúen os óvulos encerrados nos carpelos de forma que se poida acceder a eles a través do estigma). Aquí, seguindo a denominación de Pio Font Quer no seu Diccionario de Botánica, consideramos que unha "flor" é toda rama de crecemento limitado que posúa antófilos (follas relacionadas coa reprodución, como as follas fértiles), polo que todas as espermatofitas (tanto anxiospermas como ximnospermas) teñen flores. En cambio, unha flor típica de anxiosperma está composta por catro tipos de follas estrutural e fisioloxicamente modificadas para producir e protexer os gametos. Tales follas modificadas ou antófilos son os sépalos, pétalos, estames e carpelos.University of Hamburg. Department of Biology. Botany on line.Flower Morphology of Plants. Consultado o 6 de decembro do 2020; Ademais, nas anxiospermas a flor dá orixe, tras a fertilización e por transformación dalgunhas das súas partes, a un froito que contén as sementes.
O grupo das anxiospermas, con máis de 250.000 especies, é unha liñaxe evolutivamente exitosa que conforma a maior parte da flora terrestre existente. A flor de anxiosperma é o carácter definitorio do grupo e é, probablemente, un factor clave no seu éxito evolutivo. É unha estrutura complexa, cuxo plan organizativo está conservado en case todos os membros do grupo, aínda que presenta unha tremenda diversidade na morfoloxía e fisioloxía de todas e cada unha das pezas que a compoñen. A base xenética e adaptativa de tal diversidade está a comezar a comprenderse en profundidade,Damerval, C.; Nadot, S. 2007. Evolution of Perianth and Stamen Characteristics with Respect to Floral Symmetry in Ranunculales. Ann. Bot. 100: 631-640. así como tamén a súa orixe, que data do cretáceo inferior, e a súa posterior evolución en estreita interrelación cos animais que se encargan de transportar os gametos.
Con independencia dos aspectos sinalados, a flor é un obxecto importante para os seres humanos. A través da historia e das diferentes culturas, a flor sempre tivo un lugar nas sociedades humanas, xa sexa pola súa beleza intrínseca ou polo seu simbolismo. De feito, cultivamos especies para que nos provexan flores desde hai máis de 5000 anos e, actualmente, esa arte transformouse nunha industria en continua expansión: a floricultura.
Definición
A flor é un curto talo de crecemento determinado que leva folla s modificadas estrutural e funcionalmente para realizar as funcións de produción de gameto s e de protección dos mesmos, denominadas antófilos.
O talo caracterízase por un crecemento indeterminado. En contraste, a flor mostra un crecemento determinado, xa que o seu meristema apical cesa de dividirse mitóticamente despois de que produciu todos os antófilos ou pezas florais. As flores máis especializadas teñen un período de crecemento máis breve e producen un eixo máis curto e un número máis definido de pezas florais que as flores máis primitivas. A disposición dos antófilos sobre o eixo, a presenza ou ausencia dunha ou máis pezas florais, o tamaño, a pigmentación e a disposición relativa das mesmas son responsables da existencia dunha gran variedade de tipos de flores. Tal diversidade é particularmente importante en estudos filoxenéticos e taxonómicos das anxiospermas. A interpretación evolutiva dos diferentes tipos de flores ten en conta os aspectos da adaptación da estrutura floral, particularmente aqueles relacionados coa polinización, dispersión do froito e da semente e da protección contra os predadores das estruturas reprodutivas.Barnard, G. 1961. The interpretation of the angiosperm flower. Aust. J. Sci. 24: 64-72.Carlquist, S. 1969. Towards acceptable evolutionary interpretations of floral anatomy. Phytomorphology 19:332-362.Foster, A.S. & Gifford, E.M. 1974. Comparative morphology of seed plants. San Francisco, Freeman & Co.
Partes da flor miniatura|Diagrama esquemático que amosa as partes da flor. 1: receptáculo, 2: sépalos, 3: pétalos, 4: estames, 5: pistilo.
Verticilos Os verticilos son conxuntos de tres ou máis órganos (follas, pólas...) que brotan dun talo no mesmo nivel. Cáliz: o cáliz é o verticilo externo nas flores que teñen o perianto composto por dúas clases de pezas (heteroclamídeo). Componse de sépalos, que son follas florais estériles, xeralmente verdes e de consistencia herbácea. Ten función protectora. Sépalos: Están no verticilo máis externo da flor. Son estruturas foliáceas que serven para protexeren o gomo foliar. Xeralmente teñen cor verde aínda que poden asumir calquera cor ou forma. Tépalos: nas flores nas que o perianto non está diferenciado entre cáliz e corola o tépalo é a unidade destes. Máis concretamente é a parte floral da planta nas magnolias. Corola: a corola é o verticilo interior da flor, formado polos pétalos: Pétalos: O pétalo é unha folla floral modificada, normalmente son moi vistosos e coloreados como resultado da presenza de múltiples pigmentos (flavonoides).
Androceo miniatura|180px|Passiflora. O androceo corresponde a estrutura reprodutora masculina da flor, e está formado polos estames. Estames: os estames son órganos florais masculinos, produtores dos grans de pole. O estame típico consiste nunha antera pendurada no extremo dun pedículo. A súa función é variada e pode ter que ver coa produción de néctar ou coa función rechamante que adoitan cumprir os pétalos. Anteras: a antera é a parte na que remata un estame.
Xineceo O xineceo corresponde a estrutura reprodutora feminina da flor, e está formado polo conxunto dos pistilos. Ovario: o ovario é a parte do xineceo que contén os óvulos a fecundar, e está formado por unha ou máis follas modificadas chamadas carpelos. Óvulos: Órgano da planta que contén o saco embrionario ou oosfera (gameto feminino). Carpelos: os carpelos son follas modificadas que conforman a unidade básica do xineceo. Estilo: O estilo é unha prolongación do ovario, a final do cal está o estigma. O estilo non contén óvulos, estes só se atopan no ovario. O estilo pode ser oco ou sólido. Estigma: o estigma é a parte do xineceo que recibe o pole durante a polinización, xeralmente descansa sobre o estilo.
Polinización
miniatura|Abellón contribuíndo á polinización. O propósito primario dunha flor é a reprodución. Por seren as flores os órganos reprodutivos das plantas, estas median na unión do esperma (contido no pole) cos óvulos (contidos nos ovarios). A polinización é o movemento do pole dende as anteras cara ao estigma. A unión do esperma cos óvulos é chamada fertilización. Xeralmente o pole móvese dunha planta a outra, mais hai moitas plantas que poden polinizarse a si mesmas. Os óvulos fertilizados producen sementes que serán a nova xeración. A reprodución sexual produce descendentes xeneticamente únicos, permitindo as adaptacións. As flores teñen deseños específicos que favorecen a transferencia de pole dunha planta a outras da mesma especie. En moitas plantas a polinización depende de factores externos, como vento, animais, e especialmente insectos. Incluso poden mediar na polinización animais como paxaros, morcegos etc.
Xeitos de atracción dos polinizadores miniatura|As flores poden ter cores moi vistosas para reclamo dos insectos polonizadores. As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o pole entre individuos de poboacións dispersas. A zoofiliaEn botánica chámase zoofilia á adaptación das plantas fanerógamas que aseguran a súa polinización con axuda de animais. Neste contexto chámase vectores aos animais que realizan o transporte do pole. que caracteriza a moitas anxiospermas presupón que os animais polinizadores visiten as flores de maneira regular e se deteñan nelas o tempo suficiente para que as anteras e o estigma sexan rozados ou tocados con certa frecuencia e que o pole quede adherido aos visitantes de modo tan perfecto que poida chegar coa debida seguridade aos estigmas doutras flores.As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo néctar.O mesmo que ocorre co ser humano, os paxaros e as abellas tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados guías nectarias, que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos. As flores tamén poden atraer polinizadores polo cheiro, mais non todas as flores teñen olor agradable: algunhas flores evolucionaron para emitiren cheiro a carne putrefacta (por exemplo, a Asimina triloba). O resultado da zoofilia depende esencialmente de que os animais poidan recoñecer as flores desde unha certa distancia e de que se vexan compelidos a visitar durante un certo tempo as flores da mesma especie. As flores zoófilas, entón, deben posuír produtos atractivos (cebos, como o pole e o néctar), medios de reclamo (tales como cheiros e cores) e, ademais, pole viscoso ou adherente.Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8.ª edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1. As flores que son polinizadas por insectos chámanse entomófilas. No curso da evolución das anxiospermas produciuse unha diferenciación moi intensa dos medios de atracción e reclamo, así como da forma da flor; grazas a iso un número cada vez máis grande de animais puido colaborar na polinización. Da visita casual das flores por animais variados pasouse de modo progresivo, no transcurso da evolución, ao establecemento de estreitas relacións entre os «animais antófilos» e as «flores zoófilas», con evidentes vantaxes para ambos os grupos. Para as plantas implicou unha precisión crecente na atracción de só determinados visitantes e unha transferencia do pole aos estigmas doutras plantas cada vez máis segura, o que resultou nun aforro progresivo na produción de pole. De feito, a relación entre o número de grans de pole e o número de óvulos producidos por unha flor é da orde dun millón para as plantas anemófilas, mentres que nas zoófilas é dun. Para os animais polinizadores especializados, a competencia con outros animais antófilos resultou diminuída e a polinización orientada ou especializada nunha soa especie pasou a ser, en última instancia, vantaxosa para eles. O desenvolvemento evolutivo das angiospermas zoófilas e dos grupos de animais que se foron adaptando a elas só pode comprenderse como unha coevolución condicionada por relacións recíprocas. A adaptación entre si de moitas plantas e os seus polinizadores chegou ás veces tan lonxe que non poden existir o un sen o outro.
Produtos atractivos