"Like a Stone" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Audioslave, editada como segundo sinxelo do seu álbum de estrea Audioslave o 28 de xaneiro do 2003. O tema chegou ao máis alto das listas da Billboard Hot Mainstream Rock Tracks e Hot Modern Rock Tracks, e acadou o número 31 da Hot 100.
Listaxe de cancións Todas as letras por Chris Cornell; e toda a música por Audioslave, agás "Super Stupid" composta por George Clinton, Eddie Hazel, Billy Bass Nelson e Tawl Ross. "Like a Stone" – 4:57 "Like a Stone" (ao vivo na BBC Radio 1) – 4:58 "Gasoline" (ao vivo na BBC Radio 1) – 4:45 "Set It Off" (ao vivo no Late Show with David Letterman) – 4:01 "Super Stupid" (ao vivo na BBC Radio 1) "Like a Stone" (vídeo musical)
Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Cancións de Audioslave Categoría:EPs de Audioslave