Unha sutura é unha articulación fibrosa, inmóbil ou sinartrose entre os ósos do cranio, establecendo as unións entre estes ósos.
Existen tres clases suturas:
Suturas planas: os bordos dos ósos que se articulan dispóñense de forma rectilínea. Exemplo: sutura entre os ósos nasais (sutura internasal). Suturas escamosas: articulacións que entre ósos que, xuntos, establecen unha curvatura relativamente grande. Exemplo: sutura entre os ósos parietal e temporal (sutura parietotemporal ou escamosa). Suturas serradas: articulacións que aparecen en forma de liñas "dentadas". Exemplo: sutura entre ósos parietais (sutura interparietal ou saxital).
Véxase tamén Articulación (anatomía) Fontanela
Categoría:Anatomía animal