é un filme de animación xaponés dirixido por Daisuke Nishio que se estreou en 1990. Quinto filme baseado no anime e manga Dragon Ball creado por Akira Toriyama e segundo da etapa Dragon Ball Z.
Sinopse A historia comeza co doutor Willow, quen é revivido polo doutor Cochin (o seu compañeiro) coa axuda das bólas do Dragón, debido a que o primeiro se atopaba preso no xeo das montañas Tsumisumbri. Dende había varios anos o cerebro do doutor sobrevivía nun corpo robótico, e unha vez ceibo, decidiu roubar o corpo do home máis forte do mundo, pero debido a estar todos estes anos pechado no xeo, el seguía pensando que este era o Mestre Mutenroi. Son Goku e os seus amigos van ó laboratorio dos doutores co obxectivo de salvar ó Mestre Mutenroi, e ó chegar terase que enfrontar contra os robots máis poderosos creados polas ambiciosas mentes dos científicos.
Personaxes Son Goku Son Gohanda Piccoro Bulma Krilín Oolong Chichi Mestre Mutenroi Shenron
Personaxes exclusivos do filme Os nomes dos personaxes deste filme están baseados en comidas ou obxectos relacionados con Nagoya Biomen Os son un grupo de guerreiros creados polo Doutor Cochin e o Doutor Uirō. Son moi semellantes fisicamente ós Saibaimen e ó igual que estes son empregados como soldados prescindibles.
Doutor Uirō Seiyū: Kōji Yada. O , Doutor Willow na tradución ó galego, era un brillante doutor, pero debido ós seus experimentos era considerado como un científico tolo. Para evitala morte decidiu trasladar o seu cerebro a un corpo mecánico. Ó inicio do filme foi revivido polo Doutor Cochin xa que levaba 50 anos enterrado baixo o xeo, ó regresar á vida decide tomar o corpo do home máis forte do mundo, pero é detido por Goku e os seus amigos. Morre por unha Genkidama lanzada por Goku. O seu nome provén dun prato xaponés, .
Doutor Cochin Seiyū: Kōji Nakata. O era o asistente do Doutor Willow, foi quen o reviviu empregando as Bólas máxicas. Aínda que ten a aparencia dun ancián é en realidade un androide, a súa man pódese transformar nunha arma de fogo e o seu bastón dispara raios de enerxía. O seu nome provén dunha raza de galiña xaponesa, .
Ebi Fryer Seiyū: Ken Yamaguchi. é unha das creacións do doutor Cochin, é un guerreiro musculoso de pel rosa con cabelo vermello, ten a habilidade de emitir un vento conxelante. O seu nome provén dun prato xaponés,
Kishīme Seiyū: Yukimasa Kishino. é unha das creacións do Doutor Cochin, é un guerreiro cor verde con marxas vermellas, ten placas nas costas como as dun estegosauro, a súa habilidade é de empregar cargas de electricidade a través dunhas mangueiras que saen dos seus brazos. O seu nome provén dun prato xaponés,
Miso Kattsun Seiyū: Daisuke Ghori. é unha das creacións do Doutor Cochin, é un enorme guerreiro amarelo e elástico parecido a Buyon. Tamén ten certo parecido con Dodorian. O seu nome provén dun prato xaponés,
Música Tema de apertura "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama
Canción intermedia por Masako Nozawa (Seiyū de Son Gohanda)
Tema de peche por Hironobu Kageyama
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1990 con versión en galego