Mueang Bueng Kan (en ; IPA: [mɯ̄aŋ bɯ̄ŋ kāːn]) é o distrito capital (Amphoe Mueang) da provincia de Bueng Kan, na Tailandia do Nordeste.

Historia O distrito foi denominado orixinalmente Chaiburi (ไชยบุรี) e formaba parte da provincia de Nakhon Phanom. En 1917 foi reasignada a provincia de Nong Khai, e en 1939 era rebautizado como Bueng Kan.

No agosto do 2010, tras propoñerse separar a provincia de Bueng Kan de Nong Khai e publicarse o 22 de marzo de 2011 a Acta de Establecemento da Provincia Bueng Kan no diario oficial tailandés, o distrito converteuse na capital da nova provincia, denominándose Amphoe Mueang Bueng Kan.

Etimoloxía Bueng pódese traducir por "braña" e Kal e a forma tailandesa de Kali; que pode referirse a "negro" ou a "morte."

Xeografía Os distritos veciños son, empezando polo leste e seguindo as agullas do reloxo: Bung Khla, Seka, Si Wilai, Phon Charoen, So Phisai e Pak Khat, todos na provincia de Bueng Kan. Ao norte, tras o Mekong, encóntrase a provincia laosiana de Bolikhamxai.

Administración O distrito divídese en 12 subdistritos (tambon), que se debullan logo en 131 lugares (muban). Bueng Kan é tamén un subdistrito municipal (thesaban tambon) que ocupa os tambon Bueng Kan e Wisit. Parte da área do subdistrito Wisit forma o subdistrito municipal de Wisit. Tampouco Kheng, Ho Kham, Khok Kong e Khai Si son subdistritos municipais que non cobren completamente os subdistritos correspondentes. O resto de subdistritos non teñen subdistritos municipais. Nº Nome Tailandés Lugares Pob.1.Bueng Kanบึงกาฬ119,7123.Non Sombunโนนสมบูรณ์139,4944.Nong Khengหนองเข็ง116,5715.Ho Khamหอคำ146,9976.Nong Loengหนองเลิง138,2627.Khok Kongโคกก่อง96,66010.Na Sawanนาสวรรค์97,36411.Khai Siไคสี105,15514.Chaiyaphonชัยพร137,91316.Wisitวิศิษฐ์139,26418.Kham Na Diคำนาดี84,83019.Pong Pueaiโป่งเปือย74,907

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas amphoe.com bungkan.com

Categoría:Cidades de Tailandia