O río Chi (en tailandés: แม่น้ำ ชี) é o río máis longo de Tailandia, cunha lonxitude de 765 quilómetros, pero é menos caudaloso que o segundo río máis longo do país, o Mun, do que é afluente.

Nace nos montes Phetchabun. Durante o seu curso, primeiramente corre cara ao leste a través da zona central de Isan polas provincias de Chaiyaphum, Khon Kaen e Maha Sarakham, e despois discorre cara ao sur pola provincia Roi Et e cruza Yasothon até desembocar no río Mun, no amphoe de Kanthararom, provincia Si Sa Ket.

Chi Categoría:Afluentes do Mun