A batalla de Schellenberg foi un enfrontamento armado que ocorreu durante a Guerra de Sucesión española, o 2 de xullo de 1704, no forte de Schellenberg, que dominaba a cidade amurallada de Donauwörth, sobre o Danubio, en Baviera (Alemaña meridional).
A batalla opuxo as forzas da Grande Alianza, formada por Inglaterra, Austria e as Provincias Unidas, comandadas polo Duque de Marlborough e Lois Guillerme de Baden, contra as forzas francobávaras, acaudilladas polo Conde d’Arco e o seu lugartenente o Marqués de Maffei (polo bando galo), e polo Elector Maximiliano II de Baviera e o Conde de Marsin (polo bando bávaro).
Schellenberg, tomada mediante un coup de main,Operación ofensiva que utiliza a velocidade e a sorpresa para conseguir rapidamente os obxectivos. supuxo unha decisiva vitoria para a Grande Alianza, porque creaba un paso seguro no Danubio para as operacións loxísticas de aprovisionamento do exército de Marlborough. Ademais, permitiu proseguir a campaña aliada de 1704 en Baviera. A batalla decidiuse en dúas horas, trala cal se chegaron a contar unhas 14.000 baixas.
Despois da vitoria, os aliados tiñan dúas opcións: ou ben persuadir ao Elector de Baviera para que se unise á súa causa, ou ben facelo saír do seu refuxio en Augsburgo e derrotalo antes de que recibise reforzos. Para facilitar estes fins, os aliados iniciaron a controvertida política de asolar a campiña bávara, mentres negociaban en segredo co Elector para que desertase do bando do Rei Sol. Mais este mantívose intransixente ante as ofertas de arrexuntarse ao bloque imperial, probablemente debido á chegada inminente de reforzos.Falkner (páx. 43): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory. Marlborough prestaba atención aos comentarios contrarios (sobre todo de Baden) a esta política. Non obstante, foi el quen deu a orde. Spencer (páx. 211) afirma que “devastar Baviera foi, para os tempos que corrían, unha barbaridade”. Chandler (páx. 139) fixa a cifra de municipios asolados en 400. Aínda que esta estratexia foi infrutuosa, os exércitos enfrontáronse finalmente o 13 de agosto de 1704, na Batalla de Höchstädt (Blenheim seguindo a nomenclatura inglesa), onde o Duque de Marlborough e o Príncipe de Savoia venceron á coalición francobávara do Duque de Tallard.
Antecedentes miniatura|esquerda|250px|A marcha do Duque de Marlborough desde Bedburg até o Danubio, 1704. A Batalla de Schellenberg foi parte da campaña da Grande Alianza de 1704, co obxectivo de impedir a ameaza do exército francobávaro sobre Viena, capital do Imperio. A campaña culminou o 20 de decembro coa caída de Trarbach, pero o principal acontecemento foi a Batalla de Höchstädt (13 de agosto), na que o exército de Marlborough e Savoia venceu ás forzas do Duque de Tallard.
Esta acción bélica comezou o 19 de maio dese mesmo ano, cando o Duque de Marlborough partiu de Bedburg, nos Países Baixos españois, cara aos territorios de Maximiliano de Baviera. Esta marcha recorreu rapidamente os 400 km que distan entre ambas rexións, aínda que, en principio, se pensaba que o seu obxectivo era Alsacia ou o Mosela. Mais, desde que se lle notificaron o 5 de xuño os movementos de Marlborough ao Elector, este temeu que o seu obxectivo primordial fose Baviera,Spencer (páx. 173): Blenheim: Battle for Europe. onde se encontraba o exército do Conde de Marsin. Polo 22 de xuño, uníronse ao exército do Duque os reforzos imperiais do Margrave de Baden, en Launsheim, tralo cal se creou unha forza que sumaba 80.000 homes.
O Emperador Leopoldo desexaba traer de novo o Elector ao bloque imperial, do que se apartara antes de comezar a guerra para aliarse co Rei Sol. Pero Marlborough pensaba que o mellor xeito de que Baviera volvese á Grande Alianza era cunha negociación desde unha posición de poder, despois de derrotar a coalición francobávara no campo de batalla. Para conseguir este fin, os aliados necesitaban unha base na retagarda, útil para o almacenamento de provisións e munición, así como un paso decente sobre o Danubio (estenderan demasiado as liñas de subministración, que pasaban por Nördlingen e Núremberg).Spencer (páx. 172): Blenheim: Battle for Europe. Por outro lado, o Elector e o Conde de Marsin non sabían se Marlborough atacaría Donauwörth ou Augsburgo –ambos postos estratéxicos para a Grande Alianza–; non obstante, os aliados escolleron a cidade de Donauwörth, dominada no Norte polo outeiro de Schellenberg.Spencer (páx. 174): Blenheim: Battle for Europe. Descrita polo capelán de Marlborough como “o outeiro-campá”.
Preludio En 1703, o Mariscal de Francia, Claude Villars, aconsella ao Elector de Baviera que fortificase as súas cidades, “[...] en especial Schellenberg, ese forte sobre Donauwörth, cuxa importancia xa advertiu o gran Gustavo de Suecia [...]”.Spencer (páx. 174): Blenheim: Battle for Europe. A pesar do seu aviso, o Elector desatendeu o decaído forte de Schellenberg, que necesitaba ser reparado e fortificado. miniatura|250px|En 800 anos de historia, só Gustavo Adolfo de Suecia daría conquistado o forte de Schellenberg, en Donauwörth, durante a Guerra dos Trinta Anos.
Cando Maximiliano se deu conta de que Donauwörth ía ser atacada, encargou ao Conde d’Arco, un oficial piemontés, que reforzase as defensas da cidade e que resistise no forte Schellenberg. Enviáronlle a d’Arco 12.000 homes desde o campamento francobávaro de Dillingen –a maioría dos cales foron tomados da garda persoal de Maximiliano ou do rexemento do Príncipe elector–, capitaneado por oficiais veteranos.Spencer (páx. 174): Blenheim: Battle for Europe. Spencer asegura que foron 13.000 homes. En total, a gornición que defendía Schellenberg estaba formada por 16 batallóns de infantaría bávaros e 7 franceses, 3 escuadróns bávaros e 6 franceses de dragóns, apoiados por 16 canóns. Ademais, tres batallóns de milicia sostiñan a praza.Falkner (páx. 29): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory.
Na noite do 1 ao 2 de xullo, os aliados acamparon en Amerdingen, a 14 km de Donauwörth. Foi alí precisamente onde Marlborough recibiu unha mensaxe do Príncipe Uxío de Savoia, que o informaba de que o Duque de Tallard marchaba cunha tropa de 35.000 homes a través da Selva Negra para reforzar o exército francobávaro. Estas noticias fixeron que o Duque se convencese de que non tiñan tempo para un asedio convencional, polo que, a pesar das protestas do Margrave Lois Guillerme –alegando que un asalto directo causaría graves baixas–, Marlborough planeou un asalto aberto ao forte de Schellenberg.Falkner (páx. 31): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory.
O Xeneral d’Arco coñecía a posición das tropas aliadas, e confiaba en que dispoñía, polo menos, dun día enteiro para preparar as defensas de Donauwörth; mais, nas primeiras horas do 2 de xullo, o exército de Marlborough comezou a levantar o campamento para dirixirse cara Schellenberg.Spencer (páx. 176): Blenheim: Battle for Europe. O Duque revisou persoalmente o avance da primeira forza de asalto, principalmente granadeiros ingleses e holandeses, tomados en grupos de 130 homes de cada batallón baixo o seu mando.Falkner (páx. 31): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory. Este grupo estaba constituído, a parte de por granadeiros, por voluntarios encargados de asaltar as defensas en primeiro lugar. Esta tropa, que contaba con 32 escuadróns de apoio, foi dirixida polo xeneral holandés Johan Wingand van Goor. A segunda forza de ataque estaba formada por 8 batallóns de tropas holandesas, inglesas e alemás (de Hannover e de Hesse), e por 35 batallóns de cabalería, comandados por Henry Lumley e o Conde Reynard van Hompesh. A á do exército do Margrave Lois Guillerme marchou na retagarda de Marlborough, desempeñando un papel menos perigoso.
miniatura|esquerda|170px|O Duque de Marlborough (1650–1722), por Sir Godfrey Kneller. O Duque cavilou nun asalto directo ao forte de Schellenberg, mais o Príncipe Lois de Baden prefería realizar un longo asedio. Ao final, a elección de Marlborough prevaleceu.Falkner (páx. 31): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory. Marlborough era o representante da Raíña Ana na Grande Alianza, que, realmente, dirixía.
Mentres os aliados desfilaban cara Donauwörth, melloráronse rapidamente as defensas de Schellenberg: puxéronse a punto os canóns, construíse unha empalizada no perímetro do forte e escaváronse trincheiras arredor do parapeto defensivo para facelo máis efectivo. Non obstante, ás nove da mañá do 2 de xullo, d’Arco foi avisado do avance aliado cara a eles e ordenou deseguida á súa infantaría que lles axudase aos seus enxeñeiros na preparación das defensas. Un oficial francés e cronista da época, o Coronel de la Colonie, escribiu: “Non tivemos suficiente tempo para completar isto satisfactoriamente [...]”De la Colonie (páxs. 180–195): Chronicles of an Old Campaigner, 1692-1717.
A pesar de que o avance dos aliados foi entorpecido por camiños enlamados, pola media tarde xa cruzaran o río Wörnitz en Ebermergen. Marlborough ordenou ao seu xeneral de brigada, o Conde de Cadogan, que, en canto chegase ás aforas de Donauwörth, debía afastarse e acampar de forma que parecese que os aliados fosen realizar un asedio ao forte de Shellenberg.Spencer (páx. 177): Blenheim: Batte for Europe. Cando o Conde d’Arco observou os preparativos de Cadogan, abandonou a supervisión da preparación das defensas para comer co comandante francés da vila, o Coronel du Bordet, crendo que dispoñía do resto do día e da noite para finalizar os preparativos.Spencer (páx. 177): Blenheim: Battle for Europe. Mais os vixías bávaros avistaron o decidido avance de Marlborough, que pretendía realizar un asalto inmediato, e deron a voz de alarma, polo que o Xeneral d’Arco tivo que interromper de golpe a súa comida e ir correndo ao forte Schellenberg para chamar aos seus homes ás armas.Falkner (páx. 33): Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory.
A batalla Campo de batalla A outeiro de Schellenberg dominaba o Nordeste de Donauwörth, unha cidade amurallada situada na confluencia dos ríos Danubio e Wörnitz. Unha das súas ladeiras estaba protexida polo denso e impenetrable monte de Boschberg; o Wörnitz e as súas brañeiras protexían as ladeiras do Sur e do Leste, polo que o alto era o mellor posto para a defensa da cidade. No seu cumio ovalado, cha e aberto, había un antigo forte, construído polo Rei Gustavo Adolfo de Suecia na Guerra dos Trinta Anos, que se encontraba en estado ruinoso. Ademais, as murallas de Donauwörth eran de segunda categoría e carecían da sofisticación das defensas construídas polo enxeñeiro do Rei Sol, o Marqués de Vauban.
Manobras iniciais miniatura|250px|A toma do forte de Shellenberg, 2 de xullo de 1704. Os defensores francobávaros conseguiron repeler por dúas veces as forzas do Duque de Marlborough até que o Margrave de Baden logrou abrir unha brecha no flanco dereito.
Aínda que Marlborough sabía que un ataque frontal ao forte de Schellenberg sería moi duro, estaba convencido de que era o único xeito de conquistar rapidamente a cidade de Donauwörth.Spencer (páx. 177): Blenheim: Battle for Europe. Marlborough calculou que, cada hora que se permitise ao inimigo preparar as súas defensas, equivalería a unha perda de 1000 homes.
Un home da unidade de dragóns, Christian Welsh, recordou: “O noso flanco non estivo dentro do campo de visión do inimigo até a media tarde; mais, para non darlle tempo aos bávaros de fortalecerse, o Duque ordenou ao xeneral holandés van Goor que atacase canto antes.”Christian Welsh, tamén coñecido como Comadre Ross ou Señora Davies, cambiara a súa identidade para alistarse no exército como home no ano 1693. Un dos primeiros oficiais que entrou en combate foi o Coronel Holcroft Blood, comandante de artillaría do exército de Marlborough, que ordenou disparar ao inimigo desde as explanadas de Berg. Este ataque foi rapidamente contestado polo Xeneral d’Arco, cuxos canóns comezaron a disparar desde o forte de Schellenberg.